Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra Feminismos 4.0 financia cinco proxectos para combater o machismo dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra Feminismos 4.0 financia cinco proxectos para combater o machismo dixital

S. P.
Publicado: 02/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

feminismos_4.0_uvigo_2-070.jpgA Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo para impulsar iniciativas coas que combater a fenda dixital de xénero, destina 24.772 euros a financiar cinco proxectos de investigación centrados en estudos feministas e de xénero nun contexto tecnolóxico. A convocatoria, que se abriu o pasado mes, está destinada a grupos e a persoal investigador doutor dos campus de Vigo e Pontevedra e, finalmente a comisión avaliadora seleccionou estas cinco iniciativas que se centran principalmente nas redes sociais, aínda que tamén abordan outras temáticas como a ciencia climática ou o industria do videoxogo.
Segundo informaron a Deputación e a UVigo, un dos obxectivos destas axudas é “contribuír a reducir o desequilibrio entre homes e mulleres dedicados á I+D no sistema universitario galego”. Por este motivo, para a resolución destas axudas valorouse o peso relativo que as mulleres teñen nas propostas presentadas, “de xeito que se potencia o seu número e a calidade do seu traballo”, como se recolle nas bases. Finalmente, a comisión avaliadora seleccionou coa puntuación máxima de 10 puntos, o proxecto Unha mirada feminista á alborada da ciencia climática: Pescuda, interpretación, valoración e réplica dos experimentos e achegas de Eunice Newton Foote en 1856. Esta iniciativa, liderada por Elena Alonso, directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, recibirá unha achega de 5884,20€.
Cunha puntuación de 9,3, tamén forma parte deste programa de axudas o proxecto Toxicidade e violencias machistas en Instagram. Incidencia e percepción entre o alumnado da Universidade de Vigo, liderado polo profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán, que recibirá 5472,42€.
O xurado tamén seleccionou, cunha valoración de 8,2 puntos, a investigación Identificación automatizada de comentarios sexistas en las redes sociales, mediante técnicas de IA. Taller demostrativo en institutos de secundaria del área de Pontevedra. A proposta de Ana Fernández Vilas, investigadora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, será financiada con 4825,14€. Case coa mesma puntuación, 8,1, foi seleccionado o proxecto As que están e as que marcharon: Mulleres e migracións na industria do videoxogo que poderá ter unha axuda de 4766,30€ da man de Sara María Torres. Finalmente, o estudo Carapuchiña e a pantalla feroz: identidades de xénero nas redes sociais, liderado pola catedrática da Facultade de Filoloxía e Tradución Veljka Ruzicka acadou unha puntuación de 6,5 e recibirá 3824,81€.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?