Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo de Pontevedra presenta un sistema de visitas virtuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo de Pontevedra presenta un sistema de visitas virtuais

S. P.
Publicado: 02/08/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

museo_pontevedra_visitas_virtuais_web-museo-1.jpgO Museo de Pontevedra presentou este 29 de agosto o seu novo sistema de visitas virtuais, unha solución que facilita “a máxima resolución posible das obras” e achega “unha tecnoloxía punteira que supón a estrea mundial das visitas temáticas en liña”, sinalou a Deputación de Pontevedra con motivo da inauguración do servizo, salientando o seu carácter pioneiro, xa que “este tipo de visitas nunca foran desenvolvidas con anterioridade malia que os paseos virtuais son algo xa habitual en pinacotecas como o Prado, Thyssen ou Versalles”.
Agora, grazas á tecnoloxía habilitada, “calquera persoa dende calquera recanto do mundo poderá visitar o Museo de Pontevedra, pasear polas súas salas sen estar fisicamente nelas e deterse nas pezas que máis lle interesen para coñecelas con profundidade”.
Na inauguración participaron o vicepresidente da Deputación e responsable do Museo, César Mosquera, e máis o director do Museo Xosé Manuel Rey, que destacou que a transformación dixital supón un grande reto no que o Museo de Pontevedra está a dar pasos continuos que agora se potencian coa nova aplicación das visitas virtuais e a estrea da nova páxina web. “Ambas ferramentas abriranse ao uso público nos vindeiros días a falta de axustes finos”, sinalaron.
En canto ás visitas virtuais, Rey subliñou que trátase dun instrumento que permite un “salto moi grande” para o Museo porque estende os seus límites máis alá da súa presenza física. Destacou que a pandemia trouxo visitantes novos e externos que chegaron para quedarse, polo que é preciso “avanzar de maneira sostida na mellora das relacións a distancia en liña”.
Tamén explicaron que grazas ás visitas virtuais habilitaranse tres tipos de experiencias: unha visita virtual libre, cun tour de benvida a modo de mostra, que consiste en que a persoa usuaria poida moverse libremente por onde queira nos edificios Castelao e Sarmiento, ben indo de sala en sala e contemplando as pezas ou saltando de localización a través do mapa dispoñible; as visitas temáticas, unha técnica que se presenta por primeira vez a nivel mundial e que se basean en achegar itinerarios específicos, seleccionados de entre as coleccións do Museo; e por último as visitas virtuais, que permiten crear eventos para facer visitas en directo con persoas mediadoras-monitoras do Museo que van dirixindo os percorridos de maneira individualizada permitindo feedback das persoas asistentes.
O técnico da empresa Madpixel, responsable do desenvolvemento da ferramenta, Iñaqui Arredondo, explicou que as visitas virtuais teñen resolución “xigapixel”. Cada un dos puntos de vista e os movementos son posiibles porque cada “megaimaxe está formada cun mosaico de milleiros de fotografías. Ten a mellor calidade técnica do mundo”, comentou.
A nova web
Amais de todo o devandito, presentouse a nova web do Museo de Pontevedra, museo.depo.gal, un sitio en liña que é “froito dun intenso traballo de cooperación entre o persoal traballador do Museo e do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación, co obxectivo conxunto de mellorar a experiencia de uso, a navegación e a calidade de contidos para poñelos ao servizo da cidadanía”. O técnico provincial Rubén Gómez subliñou que o novo portal supón un redeseño estético integral, a reestruturación dos contidos e a implantación dunha nova tecnoloxía punteira, Liferay 7. “A nova versión”, dixo, “facilitará unha mellor experiencia a través de fluxos de traballo personalizados, permitindo a publicación dinámica ademáis dunha adaptabilidade a todos os dispositivos: computador, Smart TV, tabletas ou smartphones.
En canto ao deseño web destacan como principais novidades o redeseño minimalista e a facilidade de uso; a redución da carga visual; o enfoque cara a valorar o contido; a nova iconografía e simboloxía; e a accesibilidade e a funcionalidade en todos os navegadores.
En canto aos apartados, os principais son un xenérico de Museo, e outros de Visita, Colección, Exposicións, Actualidade, Educación, Biblioteca e Documentación.
Segundo Rey, “hoxe ningún museo carece de web en condicións, xa que é un dos principais elementos de comunicación: é onde din que son e que queren ser”, apuntou, para subliñar que será unha ferramenta fundamental no funcionamento diario do Museo, fronte á antiga páxina que tiña máis de 20 anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?