Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e Pesquedellas celebran o Ano Faraldo cun slam poético nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e Pesquedellas celebran o Ano Faraldo cun slam poético nas redes sociais

S. P.
Publicado: 04/08/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xogos_florais_betanzos_antolin_faraldo.jpgA Deputación da Coruña, a través da área de Normalización Lingüística, vai celebrar en clave dixital e multitudinaria os 200 anos do nacemento de Antolín Faraldo (o 2 de setembro de 1822 en Betanzos). Farao nas redes sociais cun concurso xornalístico e cun slam poético. Estas actividades forman parte da programación do Ano Faraldo, que organizan a Deputación e o proxecto Pesquedellas, artífices destes Xogos Florais.
Concurso poético
Dotado con 150 euros para o gañador e con 100 euros para o seguindo mellor traballo, trátase dun certame de xornalismo dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos. O prazo de presentación remata o 15 de agosto. Os e as participantes teñen que escribir un texto orixinal en galego, con temática cultural libre e cunha extensión máxima de 500 palabras. Os artigos gañadores serán publicados no suplemento cultural Antolín Faraldo do mes de setembro, que distribúe a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos.
Slam poético
É un concurso no que cada participante, non maior de 35 anos, recitará en directo poemas da súa creación, de temática libre, pero empregando obrigatoriamente a lingua galega. O xurado escollerase entre o público asistente. Todos os poemas deberán usar unha estrofa que siga a métrica das coplas de tradición oral galegas. Outorgaranse tres premios de entre 150 e 100 euros. As persoas que queiran recitar teñen que enviar un correo ao enderezo pesquedellas@gmail.com ou deixar unha mensaxe nas contas de Instagram ou de Facebook o proxecto Pesquedellas (@proxectopesquedellas).
Chamamento á participación
A deputada de normalización lingüística, María Muíño, fai unha chamada á xente moza para se anime a participar nas actividades que se van desenvolver na vila de Betanzos, lugar de nacemento do homenaxeado, en especial nestes dous concursos dirixidos de xeito específico para eles e elas. As bases completas pódense consultar e descargar en liña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?