Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia avanza cara a un modelo de transporte dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia avanza cara a un modelo de transporte dixital

Redacción
Publicado: 04/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20220804_rueda.jpgAlfonso Rueda, anunciou hoxe a posta en marcha da plataforma de Mobilidade 4.0 para avanzar cara a un modelo de transporte dixital e sustentable tras a súa aprobación no Consello da Xunta, facendo realidade o contrato que permitirá o deseño, desenvolvemento, implantación, soporte, mantemento e operación desta plataforma por un valor estimado de 9,4 millóns de euros, tendo en conta as posibles modificacións e prórrogas.
Rueda lembrou a necesidade de que o transporte “sexa cada vez máis sustentable, coa axuda da incorporación da tecnoloxía”, e por iso, explicou que a plataforma suporá vantaxes como a incorporación dunha aplicación móbil de fácil emprego para que o usuario dispoña de toda a oferta de transporte público de Galicia; a recollida de todos os modos de transporte alternativos ao vehículo privado en tempo real e a implantación dun sistema de rexistro, pago e reserva de servizos.
O novo sistema de pagamento da plataforma permitirá ao viaxeiro pagar co móbil con só pasar polos escáner que rexistrarán onde se sube e onde se baixa cada usuario.

Contidos
  • Web e app como puntos de acceso e xestións das viaxes
  • Novo paradigma de pagamento

Web e app como puntos de acceso e xestións das viaxes

A plataforma galega de Mobilidade 4.0 irá acompañada do desenvolvemento dun portal web e dunha aplicación móbil que disporá, entre outras funcionalidades, dun planificador multimodal, que integrará nun punto único toda a oferta de transporte e mobilidade da Comunidade Autónoma baixo unha visión MaaS (Mobilidade como servizo). Este novo portal irá incorporando a información de todos os modos de transporte alternativos ao vehículo privado, ofrecerá información en tempo real e permitirá empregarse como un sistema de rexistro, de pagamento e de reserva de servizos válido. A nova plataforma integrarase co Sistema de axuda á explotación da mobilidade de Galicia (Saegal).

Novo paradigma de pagamento

xunta_transporte_bus.jpgOutro dos obxectivos desta iniciativa é introducir un novo paradigma de pagamentos denominado pagamento baseado en conta (Account Base Ticketing – ABT), que supón un cambio do modelo actual «pague e viaxe» a un modelo «viaxe e xa pagará». Deste xeito o viaxeiro poderá elixir o pagamento mediante móbil, tarxeta bancaria ou unha nova tarxeta de mobilidade de Galicia (TMG) sen contactos.
Para isto, os soportes físicos actuais (tarxeta TMG) converteranse en meros tokens de identificación do pasaxeiro no autobús, simplificando a acción que realizan as máquinas canceladoras. Estas só deberán identificar o viaxeiro, onde sobe e onde baixa. Cando as máquinas envíen esta información ao sistema central, será este último quen realice o cálculo do prezo da viaxe tendo en conta o perfil do usuario e os descontos a que teña dereito e procederá ao cobramento da viaxe no moedeiro virtual do usuario (modo prepagamento) ou no medio de pagamento definido polo usuario (modo pospago). O contrato prevé a expedición de 120.000 novas tarxetas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?