Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Guarda acolle este 7 de agosto o comezo da primeira edicióin do seu Skeirrum local
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Guarda acolle este 7 de agosto o comezo da primeira edicióin do seu Skeirrum local

S. P.
Publicado: 05/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

a_guarda_skeirrum.jpgA Guarda vai acoller este 7 de agosto o comezo da primeira edición do Skeirrum local, unha experiencia que dá unha viraxe innovadora ao formato das scape room pero poñendo o foco na historia do concello e outorgándolle un sabor propio e particular. A iniciativa vén da man de Cintia Lomba e Erea Rodríguez, dúas rapazas naturais da Guarda que veñen de concibir un proxecto empresarial (o Skeirrum) como unha mestura e xogo da busca de tesouro, de scape room e de xogo en liña.
De feito, Skeirrum é unha proposta deseñada para ser emrpegada a través dunha aplicación móbil específica, co obxectivo de converter cada partida “nunha experiencia única”. Isto combínase cunha clara vontade de vivir aventuras en espazos pechados pero tamén (sobre todo) ao aire libre.
Esta experiencia pódese adaptar a calquera lugar: aldeas, vilas, cidades, parques naturais, rutas de sendeirismo, museos, etc.
O día 7 de agosto, ás 19:00h, comezará na praza de Avelino Vicente da Guarda a inauguración da iniciativa A Guarda Misteriosa, evento dirixido á poboación xuvenil e adulta con desexos de enfrontarse ao desafío que lles propoñen as autoras. O obxectivo é “por en valor a historia e o patrimonio da Guarda a través dunha aventura ao estilo das buscas do tesouro”.
Segundo informou o Concello, co-impulsor da actividade, o servizo funciona a través dunha aplicación web para smartphones á que se accede mediante códigos QR. Esta experiencia terá lugar no casco urbano da Guarda poñendo así en valor todos aqueles recursos que ofrece o territorio.
Está previsto que esta primeira street escape da Guarda sexa gratuíta e permaneza activa durante un ano, pero “para o seu lanzamento as autoras están organizando un gran evento”, informou o Concello, engadindo que o obxectivo é “pasar unha tarde divertida, convocando a moitos participantes e premiando aos gañadores”. Para isto, Cintia e Erea convidan ás empresas locais a colaborar co evento: “Calquera contribución será ben recibida e é unha boa forma de darlle visibilidade ao comercio local”.
Para colaborar contactar con info@skeirrum.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?