Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Galicia Europa renova a súa páxina web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Galicia Europa renova a súa páxina web

S. P.
Publicado: 08/08/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fundacion_galicia_europa_nova_web.jpgA Fundación Galicia Europa (FGE) vén de renovar a súa páxina web para “ofrecer unha mellor información sobre as políticas europeas e a participación de Galicia nos asuntos comunitarios”. A entidade pretende deste xeito poñer en valor as súas tres décadas de experiencia na capital comunitaria para mostrar polo miúdo a actividade da UE “dende un punto de vista galego”, poñendo o foco nas novas iniciativas lexislativas e políticas que propón a Comisión Europea.
A web da FGE tamén dá a coñecer as diferentes canles utilizadas para a defensa dos intereses de Galicia na UE: dende a participación no Comité Europeo das Rexións ou o Consello ata as visitas institucionais, pasando pola participación en redes de cooperación rexional ou en foros de ámbito europeo. Así, o novo portal conta cun apartado de actualidade no que se recollen novas sobre a Unión Europea, sobre Galicia na UE, sobre as actividades da FGE e sobre EuroXuventude, a canle dirixida á xente nova galega.
Ademais aparecen seccións novas como Análise FGE, un apartado con informes sobre os temas máis importantes a debate na UE dende unha perspectiva galega, ou Axenda, que compila os actos pasados e futuros sobre a participación galega nos asuntos comunitarios así como os grandes eventos de ámbito europeo.
Outra nova sección recolle todos os boletíns mensuais da FGE, que fan unha escolma das novas, eventos, consultas públicas e convocatorias de financiamento máis relevantes dende o punto de vista galego. A web continúa cunha sección específica sobre as posibilidades de financiamento comunitario, na que se pode consultar a nova Guía 2021-2027 que dá unha visión xeral das distintas fontes dispoñibles así como recomendacións sobre como acceder a elas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?