Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Seguridade Social seguirá afondando no camiño da transformación e a automatización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Seguridade Social seguirá afondando no camiño da transformación e a automatización

S. P.
Publicado: 08/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

isabel_rodriguez_seguridade_social_lugo.jpgA subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, visitou o pasado venres a sede da Seguridade Social en Lugo e xunto co director provincial do instituto, Juan José Rodríguez Gude, deu a coñecer as vindeiras iniciativas de transformación tecnolóxica da entidade. A visita orientouse a comprobar os traballos realizados nas últimas semanas para a mellora da eficiencia enerxética do edificio e a reordenación dos espazos de atención ao público. Isabel Rodríguez fixo saber que a Seguridade Social está a apostar forte por fomentar o uso da páxina web e a automatización nas súas oficinas. O director, pola súa banda, puxo en valor “as facilidades que ofrece a informática para facer trámites coa entidade de forma eficaz”, sen excluír a colectivo algún e sen agravar as fendas dixitais. Porén, recoñeceu que as TIC seguen a ser unha barreira importante para moitas áreas sociais, polo que proseguirase achegando atención presencial mesmo sen cita previa.
Proceso de automatización integral
As automatizacións, sinalaron, abranguen non só aos servizos achegados polo instituto, senón tamén ao propio persoal. O envellecemento do funcionariado na provincia lucense, cunha media de idade de 58 anos, “aveciña unha onda de xubilacións”, sinalou o director provincial, indicando que nos últimos tres anos, o persoal do servizo da Tesourería viuse reducido nun 25%, mentres que no INSS rolda entre o 5 e o 10%. “Para compensar esa perda de persoal, moitos dos labores máis rutineiros pasaron a depender das novas tecnoloxías”.
Xunto á automatización de certas tarefas, o plan de renovación tamén se apoia na convocatoria extraordinaria este ano de prazas de funcionarios da Seguridade Social, ademais da contratación de interinos para tarefas concretas.
Nese proceso de renovación, o edificio da Avenida de Madrid únese á aposta polo aforro enerxético. A iluminación foi substituída por focos LED. Tamén se incluíron sensores de movemento e reguladores de intensidade que permiten axustar o uso de luz. Estes cambios supoñen unha baixada do consumo xeral de 250.000 watts a 63.000, explicouse na visita de Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno.
Isabel Rodríguez felicitou ao director provincial da Seguridade Social por impulsar medidas para o aforro enerxético, porque “as administracións públicas deben dar exemplo na redución do consumo enerxético” e, tamén, “pola súa sensibilidade para dar a mellor atención posible aos cidadáns, con iniciativas como a remodelación destas zonas de atención ao público e o esforzo realizado nos últimos anos para a modernización da rede de oficinas de atención aos cidadáns na provincia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?