Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As axudas Starting Grant, máis preto do noso persoal investigador grazas a GAIN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As axudas Starting Grant, máis preto do noso persoal investigador grazas a GAIN

S. P.
Publicado: 08/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_computador_teclas-2.jpgA Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), ofrece un servizo de asistencia e formación ao persoal investigador para lograr as Starting Grant 2023, as axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC) dotadas con 1,5 millóns de euros para financiar carreiras investigadoras. Segundo informou a axendia que dirixe Pattrica Argerey, estes apoios poden incluír un millón de euros máis para cubrir os custos de start-up, a compra de equipamento ou para realizar traballos de campo. A actual convocatoria das ERC Starting Grant está aberta ata o vindeiro 25 de outubro.
GAIN ten activo un servizo de revisión e análise das propostas de persoal investigador que desexe optar á convocatoria europea. Trátase de formación e asesoramento personalizado para optimizar a elaboración das propostas, de cara a cumprir do mellor xeito os estándares de calidade das candidaturas. O persoal investigador interesado en recibir o servizo de asesoramento deberá enviar o seu currículo e a enquisa dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación ao enderezo oportunius.gain@xunta.gal. O prazo para achegar esta documentación está aberto ata o próximo venres, 12 de agosto.
Este soporte dirixido ao persoal investigador é unha das actividades do Oportunius, orientado a incrementar a participación de Galicia nos programas do Consello Europeo de Investigación (ERC).
O programa Oportunius creouse no ano 2014 para atraer e reter en Galicia talento investigador. É unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. No programa participan o Sistema Universitario Galego (SUG), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e as entidades de investigación galegas.
GAIN explica que nestes intres, con 32 iniciativas, “Galicia é a quinta comunidade en número de proxectos ERC así como en volume de recursos captados, que ascende aos 47,4 millóns de euros”. Por outra banda, 25 investigadores e investigadoras recoñecidos coas axudas ERC traballan en Galicia. Ademais, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) ocupa a sexta posición na clasificación de universidades españolas en número de persoal investigador ERC.
O programa Oportunius tamén impulsa o emprego cualificado en Galicia. A proba son os 165 postos de traballo creados en 2021 polo persoal investigador titular de proxectos ERC.
Á convocatoria de axudas Starting Grant da Unión Europea pode acollerse o persoal investigador adscrito a calquera das institucións de Galicia. Para iso, debe estar ao inicio da súa carreira. Concretamente, os requisitos esixidos son ter entre 2 e 7 anos de experiencia desde a finalización do doutoramento e contar cunha excelente proposta de investigación en calquera ámbito temático. O orzamento total destinado ás ERC Starting Grant 2023 ascende a 628 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?