O Concello de Porriño informou de que este verán realizaranse no termo municipal os ttraballos para implantar os servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 Mhz, respectivamente, o que permitirá, en palabras do Consistorio, “que todas as veciñas e veciños gocen das conexións móbiles de alta velocidade e cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica”. Os traballos están a ser despregados este verán polas operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orantge. A rede móbil de nova xeración, polo tanto, estará ben breve activa.
O Concello advirte de que a implantación de 5G pode xerar incidencias na recepción do sinal TDT os vindeiros días, debido a que as ditas bandas son as que se utilizaban anteriormente para o servizo de televisión.
Para solventar estas incidencias, habilitouse o teléfono de atención gratuíto 900 833 999, ao que poden recorrer todos os usuarios que necesiten solicitar a actuación nas súas instalacións para a solución das afectacións e, deste xeito, que poida restablecerse o servizo TDT con total normalidade.
Tras a notificación, un técnico cualificado de Llega700 (entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión) desprazarase onde se detectou a incidencia e procederá a realizar os labores de acondicionamento necesarias para liquidala. Todo iso sen custo algún para os cidadáns, sinalou o Concello.
O proceso de implantación da 5G está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar o mapa de Llega700.

O Porriño será obxecto este verán de traballos para implantar a 5G
Compartir Este Artigo