Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña achega 3,75 millóns en axudas para favorecer a transformación das microempresas, pemes e autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña achega 3,75 millóns en axudas para favorecer a transformación das microempresas, pemes e autónomos

S. P.
Publicado: 11/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_formoso_pel.jpgA Deputación da Coruña publicou este mércores 10 de agosto a concesión da liña PEL-Emprende Investimento do Plan de Emprego Local, pola que se destinan 3,75 millóns de euros a un total de 503 microempresas, pemes e autónomos/as de toda a provincia para contribuír á súa consolidación e fortalecemento a través do apoio ao investimento en bens inventariables. Inclúese neste paquete o material tecnolóxico e informático en xeral: recursos para favorecer a transformación.
A liña PEL-Emprende Investimento, que estaba dotada inicialmente con 2.760.000 euros e que vai destinada a empresas que conten como máximo con cinco anos de antigüidade e domicilio fiscal en calquera concello da provincia da Coruña, viu aumentado o seu orzamento un 36%, incrementándose este cun millón de euros.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso destacou no acto de presentación das axudas PEL 2022, que o Goberno provincial reforzaría este ano o investimento inicial desta liña con medio millón de euros. Finalmente, este incremento resultou aínda maior, posto que os 2,76 millóns orzados de inicio suplementáronse ata acadar máis de 3,75 millóns de euros co obxectivo de chegar ao maior número de pequenos negocios posible.
As axudas cubrirán ata o 70% dos investimentos realizados en aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario, ordenadores e equipos electrónicos, cun importe máximo a conceder de 17.500 euros, sen IVE. Todos eles deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa. As axudas concedidas oscilan entre os 2.450 e os 17.500 euros, sen IVE.
“A concesión destas axudas supón un importante apoio económico para que estas 503 empresas poidan adquirir aplicacións informáticas, mobiliario, maquinaria e/ou equipos para procesos de información necesarios para o crecemento, modernización e dixitalización dos seus negocios”, explicaron fontes da entidade provincial.
As persoas autónomas, maioría
En canto á tipoloxía das entidades beneficiarias, o 91,05% son profesionais autónomos/as, con 458 solicitudes concedidas. Ademais, preto da metade (o 47,71 %) das empresas e persoas beneficiarias das axudas desenvolven actividades económicas especialmente afectadas pola pandemia COVID-19. Así, obsérvase que 144 beneficiarios se dedican á actividade comercio, restauración e hospedaxe. Pola súa banda, un 23,46 % das solicitudes concedidas pertencen a beneficiarios con actividades económicas referidas a sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia, dos cales 60 dos beneficiarios se dedican á actividade agrícola, gandeira, forestal e pesca.
Tamén cabe destacar que o 99% todas as empresas que reciben este ano as axudas de PEL-Emprende, todas agás sete, non resultaron beneficiarias na convocatoria anterior.
Pódese consultar a listaxe completa das solicitudes concedidas e denegadas no BOP da Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?