Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra impulsa dous revolucionarios programas para transformar o comercio na provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra impulsa dous revolucionarios programas para transformar o comercio na provincia

S. P.
Publicado: 12/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

carmela_silva_transformacion_comercial_deputacion_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra vén de adxudicar por 360.000 euros as primeiras accións dos programas Da túa man e Commerce inside, enfocados á transformación dixital, principalmente. O obxectivo é “apostar polo comercio de proximidade de 22 concellos situados no interior da provincia”, sinalou a presidenta Carmela Silva, con iniciativas enfocadas á súa modernización e competitividade.
A primeira das dúas accións adxudicadas ten por obxecto o embelecemento das zonas comerciais da provincia, cun importe de 240.815 euros. Concretamente habilitaranse espazos axardinados próximos ás áreas comerciais de interese nestes concellos cos que se garantirá a súa accesibilidade universal. Os puntos contarán con cargadores solares, asentos e elementos decorativos co fin de convertérense en “puntos de encontro e de descanso para a clientela real e potencial do comercio de proximidade” da provincia, asegurou a presidenta provincial.
A segunda das accións adxudicadas hoxe consiste na implantación dunha sinalización corporativa para o comercio de proximidade, tanto no interior dos comercios como na rúa, que os negocios poderán empregar para localización, dirección, información, regulacento ou con fins ornamentais. Esta acción adxudicouse por un valor de 118.289 euros.
Da túa man busca “propiciar os cambios necesarios no interior da provincia para a reactivación do comercio con medidas encamiñadas por unha banda a modernizar tanto os comercios como as súas contornas e, pola outra, a iniciar a transformación dixital dos negocios”. Está dotado dun millón de euros e desenvolverase en A Cañiza, Gondomar, Meaño, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda e Tomiño .
Commerce inside, tamén dotado dun millón de euros, busca impulsar a transformación dixital do comercio polo miúdo das zonas turísticas da provincia dotándoas de ferramentas estratéxicas cos que poderá enfrontar os retos de futuro vencellados á actividade turística. Beneficiaranse das accións comercios de Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, O Grove, A Guarda, Nigrán, Sanxenxo, Soutomaior, Tui e Vilanova .
A través dos programas mobilizaranse un total de 2 millóns de euros, que se financian ao 70% con fondos europeos Next Generation e o 30% restante asúmenos a partes iguais a Deputación e os concellos beneficiarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?