Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tui quere adaptar o seu Mercado Municipal ás máis avanzadas tecnoloxías de xestión, promoción e venda
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tui quere adaptar o seu Mercado Municipal ás máis avanzadas tecnoloxías de xestión, promoción e venda

S. P.
Publicado: 12/08/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

tui_proxecto_mercado_transformacion.jpgO Concello de Tui presentou os detalles do seu proxecto para transformar e dixitalizar o seu Mercado Municipal, unha iniciativa que suporía unha viraxe integral na Praza de Abastos e a dotación de tecnoloxías avanzadas do coñecemento ao servizo dos 300 negocios locais e dos seus procesos para acadar máis competitividade. O obxectivo concreto, en palabras do Concello, “é “facer o noso tecido comercial e o mercado municipal máis moderno e adaptado ás necesidades e tendencias de consumo actuais”, segundo informaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez.
Para a execución deste proxecto o Goberno municipal vén de solicitar o apoio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para obter fondos europeos a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia na liña de Ayudas para el apoyo a mercados, zonas urbanas comerciales, comercio no sedentario y canales cortos de comercialización do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
O Concello explica que o traballo realizado nos últimos anos, tanto no que se refire á xestión económica, ao feito de contar cun plan de mobilidade, coma a adhesión a distintos programas e iniciativas coma a rede Ágora ou o Pacto das alcaldías polo Clima e a Enerxía, “permítenos poder optar as distintas convocatorias das administracións estatais e europeas”.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira, Ana Núñez, explican que a iniciativa permitirá 2a revitalización do sector comercial do municipio”.
Inclúese como dixemos a reforma integral do Mercado Municipal, que actualmente conta con preto de 20 postos e ocupa a máis dunha trintena de praceiros/as, a totalidade dos 286 establecementos comerciais do municipio, e o mercado non sedentario, que se celebra semanalmente os xoves, con preto de 140 postos.
O Goberno local prevé un investimento de 1.677.189,47 € que contempla a reforma integral da Praza de Abastos coa transformación dos puntos de venda e a mellora da accesibilidade, así como a dixitalización do comercio local e accións de sustentabilidade e economía circular. Tamén se completa con medidas relacionadas coa cadea de subministro e rastrexabilidade (o que se coñece como trazabilidade) e actividades de formación e sensibilización.
Neste proxecto contémplase por unha banda a reforma do Mercado Municipal co obxectivo a medio prazo de obter o selo de Mercado Excelente. Para iso mellorarase a envolvente, sinalizaranse os accesos, o transporte, e as zonas interiores e exteriores. Interiormente pasará a organizarse entorno a catro prazas creando percorridos que fomentan a interacción. A zona central contará con lugares de descanso e asentos, e no perímetro localizaranse os postos. Aproveitarase a luz natural do lucernario que se complementará con iluminación específica para as zonas principais e os produtos á venda. Crearase un espazo gastronómico, e unha área polivalente que servirá de obradoiro e sala de formación e degustación para acoller cursos ou charlas. Outras das melloras contempladas son a instalación de sistemas de aerotermia, illas ecolóxicas modulares para a recollida e separación de residuos, a instalación dun punto intelixente smart lockers (armarios individuais intelixentes para a recollida de produtos) e un sistema centralizado de control de quendas. Por outra parte levarase a cabo unha análise de tendencias de compra e de oferta da competencia.
As novas tecnoloxías estarán “moi presentes nesta actuación”, explican dende o Concello, engadindo que está previsto o desenvolvemento dun portal web e unha aplicación móbil para visibilizar e mercar no comercio local, o deseño e lanzamento de campañas publicitarias en soportes dixitais, unha plataforma colaborativa e un sistema de códigos QR para produtores locais, e a implantación de redes Wi-Fi nos espazos e rúas comerciais. Outras actuacións serán a fabricación de packaging reutilizable para o comercio local. O mercado ambulante terá a súa propia app para a xestión administrativa e de información ao consumidor.
A formación é outra das liñas previstas co desenvolvemento de cursos tanto dirixidos a mellorar o servizo e a experiencia cliente como na liña tecnolóxica sobre a implementación da web e da aplicación móbil, o inglés básico comercial, ou o reciclado e a reutilización. Os e as comerciantes e praceiros e praceiras tamén se beneficiarán dun mentoring individual para a integración dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?