Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Quérote+ impartiu formación sobre hábitos saudables ou redes sociais a máis de 10.000 mozos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Quérote+ impartiu formación sobre hábitos saudables ou redes sociais a máis de 10.000 mozos

S. P.
Publicado: 16/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mocidade_xuventude_adolescentes.jpgA Consellería de Política Social e Xuventude vén de facer balance da actividade recente do programa Quérote+, un servizo que achega asesoramento á mocidade en materia de hábitos saudables e que tivo, pola importante presenza das novas ferramentas entre a xuventude, unha marcada vertente tecnolóxica. Segundo se fai saber, o programa chegou no pasado curso 2021/2022 a preto de 10.400 mozos, subministrándolles formación en relacións afectivas, imaxe corporal ou redes sociais. Para iso, a iniciativa puxo en marcha arredor de 500 accións, impartidas por profesionais do ámbito social, por institutos de toda a Comunidade.
En concreto, a principal temática foi a sexualidade, con preto de 400 obradoiros celebrados. Outros dos temas tratados foron a imaxe corporal, con 50 destes talleres, ou os consumos de sustancias como alcohol ou drogas e de Internet, con 10. Ademais de centros escolares, os profesionais que integran os equipos de Quérote+ visitan tamén concellos, asociacións, universidades e outras entidades, ámbito no que alcanzaron a máis de 1700 persoas con 75 obradoiros dende comezos de ano e ata finais de xuño.
No que se refire ás consultas, os cinco centros que forman parte deste programa, situados na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo, atenderon algo máis de 3.000 no primeiro semestre deste 2022. Neste caso os temas tratados son similares: destaca a sexualidade como principal temática, presente en máis da metade (sobre 1600) das peticións atendidas, seguido pola imaxe corporal (300) e o VIH (160). As redes sociais, o consumo de alcohol, drogas e Internet, ou os problemas psicolóxicos derivados da COVID son outros dos temas atendidos. Outro dos servizos postos a disposición da xuventude pola Xunta no marco deste programa é a realización de probas rápidas de VIH para maiores de 16 anos e de tests de embarazo.
A mocidade galega pode consultar toda a información sobre esta iniciativa na sección correspondente da web de Xuventude, incluíndo os datos de contacto xerais e de cada centro, como teléfono, correo electrónico, WhatsApp, Telegram ou videochamada, dispostos polo Goberno autonómico para resolver todas as súas dúbidas. Tamén se atenderá de maneira presencial preferiblemente con cita previa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?