Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno apoia á Xunta con 27,3 millóns para dixitalizar e modernizar a Administración autonómica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno apoia á Xunta con 27,3 millóns para dixitalizar e modernizar a Administración autonómica

S. P.
Publicado: 17/08/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

José Miñones nunha imaxe da axencia EFE
José Miñones nunha imaxe da axencia EFE
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fixo balance dos obxectivos do Plan de Recuperación do Goberno para dixitalizar e modernizar a Administración autonómica. Segundo fixo saber, o Executivo vai apoiar este proceso con 27,3 millóns de euros que transferirá á Xunta de Galicia procedentes do devandito plan, o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
José Miñones apuntou que “esta cantidade axústase aos proxectos que presentou a Administración galega á manifestación de interese lanzada polo Goberno en maio”. As propostas remitidas dende a nosa terra, engadiu, permitiron definir esta cantidade, 27.315.808,64 euros, “un novo exemplo cooperación institucional e de transparencia e cogobernanza na execución do Plan de Recuperación”, sinalou o delegado.
A repartición dos fondos foi acordado en Consello de Ministros, e que responde a unha dos investimentos do Compoñente 11 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), Transformación Dixital e modernización do Ministerio de Política Territorial e Función Pública e das Administracións das Comunidades Autónomas e Entidades Locais.
Os 27,3 millóns acordados para Galicia repártense en dous exercicios: 13.943.086,45 euros para proxectos a executar en 2022 e 13.372.722,2 euros para financiar actuacións o próximo ano.
Desta cantidade total, 14.210.386,78 euros destinaranse á dixitalización e transformación da administración sanitaria pública de Galicia. O resto destinarase proxectos de administración orientada á cidadanía; operacións intelixentes; manexo de datos; infraestruturas dixitais e ciberseguridade.
O delegado lembrou que a dixitalización supón un “salto decisivo na mellora da eficacia e eficiencia da Administración para dar resposta aos seus retos e garantir a sustentabilidade dos investimentos”. E apuntou que “os principais beneficiarios desta aposta é a cidadanía galega e as políticas públicas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?