Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AFundación acolle en outono en Vigo 8 congresos sobre tecnoloxías, New Space, xustiza ou pesca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AFundación acolle en outono en Vigo 8 congresos sobre tecnoloxías, New Space, xustiza ou pesca

S. P.
Publicado: 22/08/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

auditorio_sede_vigo.jpgA sede de AFundación en Vigo acollerá este outono, entre os meses de setembro e novembro, oito congresos que reunirán a profesionais de prestixio nacional e internacional en ámbitos diversos como a saúde e investigación médicas, as tecnoloxías, o xurídico, o sector pesqueiro ou a industria espacial.
A primeira cita, o PulpoCon22, arrincará o vindeiro xoves 1 de setembro e reunirá ata o sábado 3 a membros da comunidade de desenvolvedores informáticos de Galicia e a súa área de influencia, que participarán en charlas e obradoiros de programación sobre o movemento crafter e as metodoloxías que garanten códigos e linguaxes limpas (clean code). Relatores de Galicia, España e o estranxeiro abordarán as distintas técnicas, arquitecturas e modelos.
pulpocon.jpgO 16 e 17 de setembro celebrarase o V Congreso SGH, un foro de encontro de profesionais da saúde especializados en feridas de difícil cicatrización. Expertos nacionais e internacionais presentarán a través de relatorios, simposios e obradoiros as últimas novidades neste ámbito.
En outubro, entre o 1 e o 3, terá lugar o Congreso FAO-Conxemar, que se celebra na Sede AFundación de Vigo, como encontro previo á XXIII Feira Conxemar. Contará coa participación de autoridades pesqueiras de 20 países e expertos a nivel mundial, entre os que estarán máximos representantes de FAO.
Os días 20 e 21 de outubro celebrarase o XXI congreso SEDIA, que reunirá a profesionais do diagnóstico por imaxe do abdome a nivel nacional e internacional, para mostrar os últimos avances neste eido. Entre outros, abordarán as doenzas inflamatorias intestinais, as investigacións e avances sobre a enfermidade de Crohn, os protocolos básicos e avanzados etc.
Outubro finalizará coa celebración os días 27 e 28 do New Space España 2022. A sede Afundación de Vigo acollerá a segunda edición deste evento pioneiro, que en 2018 converteuse no primeiro encontro español que reuniu aos novos actores do que se coñece como New Space e ás empresas e organismos líderes do sector espacial en España. Durante as dúas xornadas abordaranse as tendencias actuais da industria e a innovación espacial.
O 8 de novembro Empresarias de Galicia celebrará o seu congreso, dirixido a todo o sector empresarial de Galicia, co obxectivo de visibilizar e promocionar o papel da muller no ámbito empresarial e social.
Os días 11 e 12 de novembro a Asociación de Xuristas Galegos, que reúne a máis de 200 profesionais do sector en toda Galicia, avogados, procuradores, xuíces, fiscais, secretarios, inspectores ou funcionarios, celebrará os seus Xornadas de outono de Dereito Social, co fin de “achegar a xustiza ao xusticiable, para mellorala e cumprir adecuadamente os seus obxectivos”.
Finalmente, o 24 e 25 de novembro a Sede Afundación acollerá a XXIII reunión do Grupo de Traballo de Enfermidades Infecciosas e Sepsis, da Sociedade Española de Medicina Intensiva onde se tratarán, entre outras temáticas, o cambio da medicina intensiva coa pandemia, novos problemas nas UCIs ou os avances terapéuticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?