O Concello de Ames vén de publicar na web municipal e nas súas redes sociais un vídeo informando á veciñanza sobre o estado actual dos niveis de captación de auga, cunha nova chamada ao uso responsable deste recurso.
Na peza audiovisual recórdase a situación límite que está a vivir o concello, explícanse algunhas medidas que pode tomar a veciñanza de xeito sinxelo para reducir o consumo de auga, e pídese a colaboración de todas e todos para mudar a tendencia actual de gasto, que de seguir fará necesarios cortes controlados no subministro nos próximos días. O vídeo tamén está dispoñible ao completo na canle de Youtube do Concello de Ames.
Ames lanza un vídeo nas redes para axudar á veciñanza no aforro da auga
Compartir Este Artigo

