Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dodro, Rianxo, Padrón e Rois achegan formación tecnolóxica a persoas desempregadas dos seus territorios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dodro, Rianxo, Padrón e Rois achegan formación tecnolóxica a persoas desempregadas dos seus territorios

S. P.
Publicado: 22/08/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tramites_online_programa_integrado_emprego_dodro_informatica.jpgO Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Dodro, Rianxo, Padrón e Rois 2021/2022, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) segue coa súa actividade nestes meses de verán. Segundo veñen de lembrar dende o Goberno local de Dodro, o programa formativo e de capacitación (tecnolóxica, comercial, emprendedora, de autopromoción, de vendas, de trámites en liña, etc) está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos devanditos catro municipios, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, e ten como finalidade “a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral”.
programa_integrado_emprego_dodro.jpgAdemais das entrevistas individuais de orientación e asesoramento laboral que se están facendo diariamente, nunha segunda fase realizáronse as seguintes accións formativas co obxectivo de mellorar o currículo e a empregabilidade dos usuarios:
–Curso de procesos e sistemas loxísticos, de 46 horas de duración, celebrado no Centro Social de Padrón, do 21 de xuño ao 1 de xullo.
–Curso de operacións básicas de caixa, de 15 horas de duración, celebrado no Centro Social de Padrón, do 4 ao 6 de xullo.
–Curso de promoción do traballo autónomo e emprendemento, de 15 horas de duración, na aula CeMIT de Padrón do 21 ao 26 de xullo.
–Curso de trámites on line para o emprego e o autoemprego de 15 horas de duración, na aula CeMIT de Padrón do 27 ao 29 de xullo.
Na actualidade estase impartindo na Casa da Cultura de Dodro o Curso de inglés para o turismo, de 60 horas de duración, que se iniciou o pasado 1 de agosto e rematou o 12 de agosto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?