Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha plataforma de datos abertos contribuirá á mellora da atención sanitaria pública
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha plataforma de datos abertos contribuirá á mellora da atención sanitaria pública

Redacción
Publicado: 22/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sanidade_datos_abertos.jpgA Xunta vén de publicar na plataforma de contratos de Galicia o contrato para a creación do Observatorio de Saúde de Galicia, unha iniciativa que ten como premisa dar resposta aos seguintes obxectivos: facilitar unha visión agregada, o máis completa posible do estado de saúde da comunidade; servir de axuda na toma de decisións, nos distintos niveis da saúde pública; servir de instrumento de axuda para a investigación en materia sanitaria, facilitando datos dun modo sinxelo e aberto para os expertos; ou proporcionar un cadro de mandos de apoio á xestión da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Xustamente, no último trimestre do 2021, e coa intención de informar sobre o presuposto que o Executivo galego destinaría á sanidade pública no 2022, o conselleiro de Sanidade avanzara no Parlamento que os programas de protección da saúde pública chegarían ata un investimento de 28,9 millóns, que se dedicarían, entre outros temas, a desenvolver proxectos como o Observatorio galego de saúde pública.
A día de hoxe, o Observatorio conta cun presuposto base de licitación superior aos 800.000 euros. Os traballos de creación, posta en marcha e mantemento divídense en catro fases, que van do 2022 ao 2024. Ademais, financiarase ao 100 % no marco do eixo REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da covid-19.
Segundo se especifica no prego de prescricións técnicas, entre as funcións do Observatorio salientan: a creación dun espazo de coñecemento sobre a información en saúde, a través dunha serie de informes periódicos; garantir que esta información chegue dun xeito comprensible ao maior número de axentes da saúde; e o vínculo da información en saúde dos indicadores ás diferentes actuacións que se están a desenvolver en Galicia neste eido.
Por outra banda, o Observatorio prevé a creación dun apartado que reflicta a actividade realizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública nos seus ámbitos de actuación. Este apartado incluirá información sobre os programas de cribado, plans e programas de sanidade ambiental, programas de seguridade alimentaria e de prevención e control de enfermidades transmisibles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?