Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto de 31.000 profesores duns 1.400 centros educativos recibirán formación dixital ata 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto de 31.000 profesores duns 1.400 centros educativos recibirán formación dixital ata 2024

S. P.
Publicado: 23/08/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

minones_educacion_colexio_dixital.jpgO delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, debullou esta semana os detalles do proxecto actual de dixitalización educativa impulsado dende o Executivo central, unha estratexia que se vai materializar, na nosa terra, na transferencia de 18 millóns de euros. Con esta contía formarase en novas tecnoloxías ao profesorado: preto de 31.000 docentes. Esta contía súmase aos 727.558 euros que a comunidade recibiu con cargo a 2021. Os fondos están destinados a financiar o programa #CompDigEdu, no marco do Plan Nacional de Capacidades Dixitais do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
“A competencia dixital dos docentes é un elemento esencial na transformación do sistema educativo do noso país”, manifestou o delegado, e engadiu que “a educación pública de calidade é fundamental para garantir a igualdade de oportunidades e para dar acceso á mocidade a empregos dignos”.
O programa #CompDigEdu prevé formar a un total de 30.930 profesores e profesoras de 1.393 centros educativos en Galicia no período 2021-2024 no que se desenvolverá por completo. Ademais, marca como fito intermedio chegar a 16.344 docentes de 697 centros da comunidade ao final do curso que vén, segundo as cifras manexadas na Conferencia Sectorial de Educación do pasado xuño.
A través deste programa, o Ministerio de Educación e Formación Profesional promove os seguintes obxectivos:
-Lograr que todos os centros dispoñan dun plan dixital integrado no seu proxecto educativo que estruture as estratexias organizativas e académicas emprendidas de forma colectiva para a transformación do centro nunha organización educativa dixitalmente competente.
-Facilitar que o profesorado acredite o desenvolvemento da súa competencia dixital a través de actividades formativas certificadas.
-Acreditar o grao de competencia dixital do profesorado.
As accións formativas perseguen tanto a formación individual dos docentes, como a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes. O Ministerio de Educación realizará o seguimento e control da aplicación dos créditos, con obxecto de comprobar o destino específico para o que foron transferidos e a súa idónea execución.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?