A Cámara de Comercio de Santiago vai comezar o mes de setembro poñendo o foco, novamente, na importancia da transformación tecnolóxica para as empresas e as persoas autónomas. O primeiro día de mes, en horario de 10:00 a 11:30 horas, celebrarase a xornada Estratexia de cara a dixitalización 4.0. Acompañarase dunha presentación da Oficina Acelera Peme, posta en marcha pola entidade estatal Red.es e na que colaboran entidades de todo o ámbito estatal como a Cámara de Santiago.
A axenda de contidos inclúe unha intridución á dixitalización da Industria 4.0, as súas características principais, os criterios de valoración ou a definición dos obxectivos de dixitalización. Tamén se darán a coñecer as claves para a elaboración da memoria técnica e económica, entre outros contidos.
A persoas encargada de impartir a xornada será Emilio Martínez Expósito, socio-consultor de INNPLICA.
As Oficinas Acelera Peme (OAP) inclúense no Programa Operativo Plurirregional de España FEDER 2014-2020 (POPE), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es.
A Cámara de Santiago abre setembro cunha xornada sobre dixitalización 4.0
Compartir Este Artigo

