O programa de transformación e dixitalización turística da Deputación de Pontevedra, Tourist Inside, irrompe de cheo en Santenxo baixo as premisas do impulso innovador e a accesibilidade. Da man desta iniciativa incorporará elementos punteiros como unha pantalla táctil ou un bucle magnético. Ademais instalaranse beacons en distintos puntos do municipio.
Así o anunciou a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, na visita que realizou á oficina acompañada do alcalde, Telmo Martín. “Un cambio”, explicou a deputada, “que implica un novo modelo de información baseado na busca da satisfacción das persoas visitantes en base ás posibilidades que abren as distintas ferramentas tecnolóxicas”.
Gracias á implantación de Tourist Inside, programa provincial financiado pola Unión Europea e xestionado polo Goberno do Estado, a oficina de Sanxenxo contará cun bucle magnético que axudará a que as persoas con dificultades de audición desfruten por completo das visitas guiadas neste concello. Ademais, no seu interior situarase unha pantalla dixital de 55 polgadas que brindará información do destino Pontevedra provincia mediante a interconexión de tódalas oficinas da Rede Info Rías Baixas. Ademais, disporá dunha tableta na que as persoas visitantes poderán realizar enquisas de satisfacción.
No que vai de ano, case 3.600 persoas achegáronse á oficina de Sanxenxo a pedir información no que vai de ano. Entre as e os turistas que visitaron as instalacións destacan as e os de nacionalidade española (88,37%), que chegaron sobre todo de Madrid (25,31%) e tamén doutros puntos como Biscaia, Córdoba ou Barcelona. Pola súa banda, entre o turismo estranxeiro (o 11,63% restante) tiveron relevancia as persoas chegadas de Portugal, Francia ou Suíza.
A Oficina de Turismo de Sanxenxo sube un chanzo en materia de dixitalización
Compartir Este Artigo

