Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Patricia Argerey visita a sede de Osigris e loa o seu empuxe innovador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Patricia Argerey visita a sede de Osigris e loa o seu empuxe innovador

S. P.
Publicado: 25/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20220825_argerey_osigris_2.jpgA empresa coruñesa Osigris, nova firma innovadora centrada en ferramentas dixitais para xestión de explotacións agrícolas e gandeiras, recibiu este xoves 25 de agosto a visita da directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, quen salientou o labor desta compañía e cualificouna como “un exemplo de como as novas tecnoloxías poden transformar os sectores tradicionais da economía galega, en liña cun dos tres grandes retos da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia”.
Osigris, lembrou, é unha das 13 empresas apoiadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na primeira convocatoria para impulsar as iniciativas excelentes que non obtiveron financiamento no programa estatal Neotec. Co apoio da Administración autonómica a compañía coruñesa, que participou na aceleradora do sector alimentario Business Factory Food, está a poñer en marcha novas funcionalidades que permitirán aos agricultores “cumprimentar o seu caderno de campo e optimizar o rendemento dos seus cultivos, así como previr pragas”, destacou Argerey.
Nova convocatoria
Argerey dixo que ao abeiro dos incentivos ao emprendemento innovador impulsados pola Xunta, está previsto que a vindeira semana se publique no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria dotada con preto de 6 millóns de euros. En concreto, financiarase a posta en marcha de ao redor de 20 novos proxectos empresariais cun alto compoñente investigador e tecnolóxico, sinalou, engadindo que esta convocatoria abrirase aos 15 proxectos excelentes galegos presentados á ultima convocatoria estatal do programa Neotec e que, sendo ben valorados, non obtiveron financiamento por falta de crédito.
Como novidade, este ano tamén poderán concorrer a esta liña de axudas, cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes, as mellores start-ups do resto de España (e que tamén teñan superado os limiares establecidos na convocatoria de Neotec 2021) que trasladen a súa sede social, fiscal e de traballo a Galicia. “Impúlsase así a atracción de talento cara a Comunidade, que ofrece un completo ecosistema de incentivos e de socios estratéxicos para impulsar o emprendemento innovador”, engadiu a directora da axencia autonómica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?