A concelleira de Medio Ambiente de Santiago, Mila Castro, presentou este 25 de agosto, no Parque de Galeras, a nova imaxe e a web do servizo de limpeza viaria, a páxina santiagosostible.gal, nas súas palabras “un punto de encontro da cidadanía co servizo”. Este espazo, dixo, servirá para facer máis accesible a información e simplificar certos trámites, como por exemplo a solicitude de composteiros, “e permitirá tamén achegar dúbidas e suxestións ou contactar co servizo de recollida de voluminosos a domicilio, entre outros”.
Segundo informou, Santiago Sostible será “a marca paraugas” para todas as iniciativas relativas ao servizo de limpeza viaria e recollida de lixo, un servizo de grandes dimensións que leva aparellado o cambio de 2000 colectores e a incorporación paulatina ata mediados de 2023 de 22 camións cero emisións, que funcionan a gas natural, 17 deles recolectores.
A concelleira sinalou que desde a web Santiago Sostible tamén se informará dos diferentes xeitos de participar no novo plan de xestión de materia orgánica que xa está en marcha por medio da compostaxe (individual e comunitaria), pero que será no mes de setembro coa instalación dos primeiros colectores de orgánica cando se informará ás familias de como poder participar.
Santiago xunta nunha web todas as iniciativas para facer unha cidade máis limpa e sustentable
Compartir Este Artigo

