Un grupo de usuarios de Twitter de fala inglesa con dispositivos con iOS e Android están a ver como a súa aplicación móbil conta cunha nova sección destinada a contidos sonoros, concretamente aos Espazos de Twitter, pero que agora está indo máis aló e, aparte de permitir escoitar as conversas grupais dentro de Twitter integra agora podcasts sobre as temáticas que máis interesan ao usuario.
Deste xeito, cando un usuario interactúa con frecuencia co contido dun medio, se este medio ten un podcast o sistema recomendarao na sección destinada aos Espazos, facilitando así o seu descubrimento a usuarios que demostran ter interese polos contidos sonoros. Os usuarios tamén poden indicar co polgar cara arriba ou cara abaixo se lle interesa un podcast, para que o sistema vaia coñecendo os seus gustos.
Twitter explora a integración de podcasts na súa aplicación móbil
Compartir Este Artigo
