Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e PuntoGal asinan un convenio para a posta en marcha dun observatorio da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e PuntoGal asinan un convenio para a posta en marcha dun observatorio da Rede

Redacción
Publicado: 26/08/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

puntogal_dicoruna_sinatura_convenio.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e Manuel González González, presidente de PuntoGal, asinaron hoxe un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial contribuirá con 29.000 euros á creación do Observatorio PuntoGal da Rede por parte da xestora do dominio. A sinatura realizouse de xeito presencial na sede da Deputación.
Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, “o Observatorio PuntoGal centralizará, nunha páxina web creada para este fin, información sobre o uso da rede en Galicia, desde unha perspectiva técnica pero tamén sociolóxica”. Como xestor dun dominio de primeiro nivel e como parte da industria da rede, PuntoGal conta cos datos e ferramentas que lle permitirán analizar múltiples variables, aínda que se fará un especial fincapé na situación da lingua galega. “Entre outras cuestións, este acordo permitiranos coñecer datos detallados e precisos sobre a presenza de Galicia e do uso do galego en Internet, cun proxecto innovador”, afirmou Formoso.
O presidente de PuntoGal, Manuel González, sinalou que “O dominio .gal foi concibido entre outros obxectivos como un axente para impulsar a presenza de Galicia na Rede, e de maneira moi especial como un motor de normalización da lingua e da cultura galega, fomentando o uso do galego en Internet e servindo de escaparate que lle dea visibilidade universal”. Igualmente, apuntou que “é necesario facer un seguimento do uso de Internet en Galicia e analizar de maneira continuada a presenza da nosa lingua no Ciberespazo, porque o nivel de uso do galego en Internet é un termómetro bastante fiable do seu grao de saúde. Felicitámonos por facer realidade esta iniciativa do Observatorio PuntoGal que mediante a sinatura deste convenio poñemos en marcha a Asociación PuntoGal e a Deputación da Coruña, a quen quero agradecer a súa sensibilidade para decatarse da importancia deste Observatorio”.
PuntoGal, que supera os 6.500 dominios rexistrados, asume así o cometido de “activar un proxecto de referencia para a Rede galega. O observatorio buscará poñer en destaque os datos de presenza da lingua, a cultura ou o tecido empresarial na Internet”, en palabras do seu director, Darío Janeiro. O proxecto inicial desenvolverase entre os anos 2022 e 2023, terá un orzamento total de máis de 40.000 euros e permitirá “ter unha visión clara e precisa, cun nivel de detalle inédito ata hoxe, da riqueza e a diversidade da rede en Galicia e, tamén, da provincia da Coruña’, concluíu Janeiro. O Observatorio ten vocación de continuidade en anos seguintes, coa incorporación de novas métricas que axuden a facer un mapa da rede galega.
O Observatorio PuntoGal forma parte do programa corporativo de iniciativas arredor das TIC e a lingua que mantén o dominio. Nesta liña figura o apoio a proxectos como o certame Spin-Off PuntoGal, o concurso de relatos coa RAG, a colaboración coas seleccións galegas de fútbol gaélico, o patrocinio de contidos en galego na rede ou a colaboración co Museo do Pobo Galego, por citar só algúns casos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?