O popular servizo de xestión de contrasinais LastPass alerta de que padeceu unha intrusión nos seus sistemas, e unha vez investigado o acontecido chegaron a conclusión de que non afectou de ningún xeito a datos dos seus usuarios, senón que o incidente de seguridade limitouse a un roubo de parte do código fonte das súas aplicacións e documentación técnica da compañía, polo que non afectou á operativa da empresa.
Como reacción ao acontecido estableceron novas medidas de seguridade, para evitar así que volva repetirse o ataque, e basicamente dan conta do sucedido para tranquilizar aos usuarios, xa que o roubo de datos foi no entorno de desenvolvemento da compañía, non nos sistemas nos que se manexa a información dos usuarios. Aseguran que os usuarios non teñen que tomar ningunha precaución adicional, quedando os seus contrasinais seguros, e a única ameaza consistiría no coñecemento de técnicas de seguridade de LastPass por parte dos intrusos, que poderían aproveitar esa información no futuro para atacar aos sistemas dos usuarios, aínda que podería non chegar a pasar, sendo previsible que realicen algún cambio importante que poida neutralizar futuros ataques baseados na información subtraída.
LastPass padece un ataque informático
Compartir Este Artigo
