Jazztel está a sorprender cunha oferta flash de fibra óptica no fogar que teñen vixente ata o vindeiro 30 de setembro e que permite facerse cunha conexión de fibra simétrica de 100 Mbps con teléfono fixo sen chamadas incluídas por 19,95 euros/mes, tarifa coa que buscan competir con outras compañías de baixo custo que nos últimos meses lanzaron ofertas moi agresivas. Esta tarifa, que inclúe instalación e router sen cargo adicional e ten un compromiso de permanencia de 9 meses, pode mellorarse con Jazztel TV por 4,95 euros/mes adicionais.
A operadora tamén ten actualmente conexións de fibra con fixo (sen chamadas) con velocidades de 300, 600 e 1.000 Mbps a 28,95, 29,95 e 30,95 euros/mes respectivamente, o que continúan a ser prezos bastante interesantes para quen non desexe contratar coa mesma compañía teléfono móbil. En combinados de fibra e móbil teñen conexións de 300 Mbps por 39,95 euros/mes que inclúen ata 2 liñas móbiles, incrementando a velocidade ata 1 Gbps a un prezo de 47,95 euros/mes.
Jazztel ofrece fibra óptica por 19,95 euros/mes
Compartir Este Artigo
