Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEUGA xunta esta semana os principais proxectos innovadores do sector agroalimentario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEUGA xunta esta semana os principais proxectos innovadores do sector agroalimentario

S. P.
Publicado: 05/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dron_granxa_agro.jpgA sede de FEUGA vaise converter esta semana en marco referencial da innovación agroalimentaria: o punto de encontro dos principais axentes transformadores do sector a nivel galego e estatal. Este xoves 8 de setembro celébrase Va de Agro. Co-innovando no sector agroalimentario e forestal, evento organizado polos grupos operativos AviEnergy, Microalga-Feed, Proteinleg e Tirac e coordinado pola Fundación Empresa-Universidade Galega que reunirá máis de 30 proxectos autonómicos, nacionais e europeos.
A cita contará cun formato “dinámico e interactivo”, en palabras de FEUGA, e estará centrada na presentación de avances e achados para “fomentar a transferencia de resultados ao sector” e “lograr poñer en contacto aos diferentes actores do ámbito para explorar posibilidades de colaboración conxuntas que conduzan á mellora da produtividade e sustentabilidade agrícolas”.
O evento contará cun bloque de relatorios, mesas redondas como espazos de co-innovación e cunha área expositiva onde se poderá coñecer en detalle os distintos proxectos que participan en Vai de Agro.
Nesta área de casetas destacan, entre outros, a presenza do proxecto piloto Bioproinsect, que busca solucións pioneiras no sector da alimentación a base de insectos (os asistentes poderán ver unha mostra da súa granxa e coñecer os traballos que están a realizar para obter do verme da fariña produtos de alto valor engadido para alimentación animal). Nese espazo poderanse observar de primeira man os resultados do Grupo Operativo Proteinleg, que elaborou un substituto de atún de orixe vexetal a base de especies leguminosas. Este proxecto, que aposta polas variedades tradicionais de leguminosas, ten como obxectivo promover alternativas ás proteínas de orixe animal e reducir a dependencia da gandería respecto da soia.
va_de_agro_feuga.jpg As xornadas abriranse cun ciclo de relatorios que inaugurará a directora xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, Inge Van Oost, que explicará as claves da estratexia europea de innovación en agricultura. Tamén intervirán representantes do Ministerio de Agricultura e da Xunta de Galicia para abordar a importancia da innovación e a xeración de coñecemento no presente e futuro do medio rural, así como os instrumentos e iniciativas públicas para impulsar o medio rural en Galicia.
Os temas centrais que se tratarán no bloque dedicado a espazos de co-innovación serán a redución de antibióticos en gandería; unha alimentación máis sustentable; a revalorización de subproductos e residuos en agricultura e gandería; e innovación para a conservación da biodiversidade.
A xornada completarase cun xantar networking na área expositiva e visitas demostrativas a proxectos de innovación. En concreto, ás instalacións de Hifas da Terra para observar os avances técnicos de Micoalga-Feed e Greencastanea; e á Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), onde se desenvolven parte das actividades dos proxectos Proteinleg e Algaterra.
Esta xornada conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e a participación e colaboración da Rede Rural Nacional e a Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?