Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este trimestre estará plenamento operativo o Centro de Innovación Educativa Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este trimestre estará plenamento operativo o Centro de Innovación Educativa Dixital

Redacción
Publicado: 06/09/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20220906_roman_rodriguez_01.jpgO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou esta mañá as instalacións do novo Centro de Innovación Educativa Dixital, que cualificou como “un punto de inflexión para a educación na nosa Comunidade en termos de metodoloxía escolar e de emprego de novos recursos didácticos”. Un centro que irá un paso por diante no cambio metodolóxico, para reforzar a posición de Galicia á vangarda do sistema educativo e o núcleo no que se van para deseña as mellores ofertas educativas para todo o profesorado galego.
O titular do departamento educativo do Goberno galego destacou que a Xunta de Galicia quere “comezar este novo curso académico reforzando a aposta por un modelo educativo apoiado na innovación pedagóxica, na modernización do sistema e na investigación, apostando por un modelo de presente e de futuro”. “Dentro desta aposta, un dos grandes proxectos é este centro, que está chamado a converterse nun lugar de referencia para mestres e centros de toda a rede educativa de Galicia, xa que del emanará a nova visión que queremos imprimir por todo o entorno educativo”, engadiu.
A este respecto, o conselleiro lembrou que esta nova infraestrutura, está enmarcada na Estratexia de Educación Dixital 2030, “que fomentará unha nova visión da educación con protagonismo expreso das competencias dixitais, da innovación e da cooperación” para potenciar “a calidade, a eficiencia e a equidade que xa definen a educación en toda Galicia, e facilitar así un salto de calidade de todo o sistema”.
“Coa activación deste centro, Galicia completa un proceso no que foi pioneira a nivel nacional ao presentar a iniciativa, e que sitúa á nosa Comunidade na liña doutros países europeos como Alemaña ou Dinamarca”, salientou o conselleiro.

Contidos
  • Funcións do novo centro
  • Prospección e investigación

Funcións do novo centro

20220906_roman_rodriguez_02.jpgO novo Centro de Innovación Educativa Dixital analizará as tendencias educativas, identificará as necesidades pedagóxicas do sistema e ofrecerá solucións innovadoras ao respecto. En resumo, funcionará como un catalizador de innovación pedagóxica, o órgano encargado de identificar, diagnosticar e obter conclusións sobre a realidade educativa e de transferilas aos mestres, en beneficio de todo o alumnado.
Situado no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, a súa posta en funcionamento redundará na modernización do sistema educativo e na mellora da cualificación do profesorado. Ademais, será un punto de encontro entre as universidades de maxisterio e os centros educativos, promovendo novos proxectos.
O centro será, ademais, a pedra angular da formación docente no que se refire ao cambio metodolóxico, potenciando o desenvolvemento das competencias profesionais docentes mediante a posta en práctica de actividades e programas formativos, ámbito no que colaborará de forma estreita coa Rede de Formación do Profesorado. Neste sentido, nel formaranse formadores de docentes que despois prestarán servizo en dita rede.

Prospección e investigación

Entre os seus obxectivos estratéxicos figuran a mellora das habilidades e competencias dixitais, a construción de coñecemento que sirva de soporte e ancoraxe ás políticas en materia de educación dixital ou favorecer a experimentación de novos espazos físicos e virtuais de acordo coas debidas pautas normativas, éticas e de seguridade.
A este respecto, o centro conta con espazos nos que se van realizar prospeccións, indagacións e investigacións das tendencias que no futuro máis inmediato poden ir configurando os sistema educativos, de tal forma que Galicia poida ir un paso por diante neste aspecto e avanzar na súa implantación. Para iso, hai aulas de espazos maker e para traballar coa realidade virtual, a robótica e a programación, entre outros.
Así mesmo, os traballadores do centro farán informes exhaustivos e pilotaxes de cuestións de interese, como a análise dos contidos educativos que ofrece o mercado antes de trasladalos ás aulas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?