Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto de lingüística computacional do CITIC recibe financiamento do Consello Europeo de Investigación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Un proxecto de lingüística computacional do CITIC recibe financiamento do Consello Europeo de Investigación

Redacción
Publicado: 06/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_fastparse.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC dá un novo salto cualitativo na transferencia de tecnoloxía e no seu recoñecemento internacional. O proxecto Efficient Syntactic Analysis for Large-scale Sentiment Analysis (SALSA), dirixido polo IP do centro Carlos Gómez Rodríguez, acaba de ser seleccionado pola axencia de financiamento máis importante de Europa, o Consello Europeo de Investigación (ERC), na última convocatoria e financiado con 150.000 euros na categoría Proba de Concepto, a liña que dá cobertura a proxectos de innovación comercializables. SALSA é o único proxecto galego que recoñece o ERC nesta última convocatoria.

Contidos
  • Ciencias e letras, da man para crear a linguaxe das TIC
  • Software más accesible e económico

Ciencias e letras, da man para crear a linguaxe das TIC

O obxectivo de SALSA é crear algoritmos que traduzan a linguaxe natural, moitas veces complexa para as TIC, a contornas dixitais actuais propias da intelixencia artificial; e os códigos, ferramentas e programas informáticos propios da chamada lingüística computacional. A investigación das tecnoloxías da linguaxe é a clave desta disciplina científica que conxuga o traballo de tecnólogos como matemáticos, informáticos ou enxeñeiros, co de lingüistas e outros especialistas das humanidades. Trátase dun campo interdisciplinar que se ocupa do desenvolvemento de formalismos que describen o funcionamento da linguaxe natural para que poidan ser transformados e, por tanto, procesados, en programas executables por un dispositivo tecnolóxico.
Este programa é a continuación do tamén financiado pola ERC en 2016, finalizado recentemente, Fast Natural LanguageLarge-ScaleNLP (FASTPARSE), responsable, entre outros fitos, de deseñar o algoritmo capaz de axilizar a lectura do Quixote reducíndoa a tan só 20 segundos sen deteriorar a súa calidade conceptual. A finalidade deste innovador proxecto foi desenvolver novas técnicas para mellorar a velocidade dos analizadores sintácticos da linguaxe natural, facéndoos adecuados para o procesamento a escala web.

Software más accesible e económico

«Acelerar enormemente a análise das opinións presentes en textos da linguaxe natural para facelas máis fáciles de interpretar pola intelixencia artificial é o que buscamos con este proxecto», sinala Carlos Gómez, que lembra ademais que o principal obxectivo de SALSA é «democratizar a análise de datos de internet e redes sociais e transformalos en coñecemento para os tomadores de decisións, utilizando os modelos e algoritmos de análises sintácticas desenvolvidas no proxecto ERC Starting Grant FASTPARSE para crear sistemas de análises de sentimento que sexan á vez precisos e eficientes (ao empregar analizadores rápidos que poden procesar da orde de 1.000 oracións por segundo en hardware estándar de consumo)», apunta o investigador do CITIC.
SALSA seguirá un modelo de negocio de software de código aberto e pretende contribuír, en gran medida, á competitividade do mercado tecnolóxico da UE, «reducindo a súa dependencia do oligopolio de xigantes tecnolóxicos. Ademais de crear oportunidades para idiomas como o galego, non prioritarios para as multinacionais», lembra. A misión do CITIC con este e outros proxectos de similar alcance é demostrar que facer ciencia de vangarda en Galicia é posible. «Ciencia que sexa capaz de transferirse á sociedade e que, adicionalmente, se desenvolva desde o punto de vista industrial. A captación de proxectos de primeiro nivel como este ERC dan boa conta diso», asegura o investigador principal do CITIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?