Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae axúdanos a converternos en expertos en ciberseguridade na nosa empresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae axúdanos a converternos en expertos en ciberseguridade na nosa empresa

S. P.
Publicado: 06/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberseguridade.jpgO verán enfía o seu treito final e de novo retomamos a vía da formación tecnolóxica avanzada da man de Vitae Consultores. No seu catálogo de actividades para estes meses inclúese un curso de gran relevancia para acadar contornas laborais seguras: o curso Introdución á ciberseguridade TIC no posto de traballo, impartido por un dos máis destacados expertos galegos en materia de protección tecnolóxica: Gonzalo Sotelo. O curso, que chega á súa terceira edición, vén con 15 horas de contidos. Desenvolverase os días 3, 4, 6, 10 e 13 de outubro.
Segundo informa Vitae, a través desta actividade formativa achegarémonos aos coñecementos e recursos precisos para garantir a seguridade TI na nosa empresa ao tempo que poderemos concienciarnos coa necesidade de sermos parte activa da seguridade TI no eido laboral, integrándonos nos esquemas de protección que se atopen despregados e dando cumprimento a diferentes normais legais neste ámbito. Tamén se nos capacitará para automatizar as boas prácticas postas en xogo para manexar activos na nosa organización.
En definitiva, teremos ocasión de aprender o seguinte:
-Os fundamentos da seguridade informática no posto de traballo.
-Os fundamentos tecnolóxicos e a súa seguridade.
-Os regulamentos actuais en materia de seguridade da información como a RGPD e a LOPD.
-Paulas para previr riscos na seguridade TI no posto de traballo.
O curso está dirixido a todos os profesionais que empreguen as Tecnoloxías da Información (TI) no seu día a día, de calquera sector ou área.
A formación terá unha duración de 15 horas, repartidas en cinco sesións de tres horas.
O encargado de impartir os contidos será Gonzalo Sotelo, responsable do equipo de Investigación Tecnolóxica da Guardia Civil de Pontevedra. Sotelo é diplomado en Policía Xudicial pola Universidade Complutense e en Investigación Tecnolóxica pola Garda Civil, Europol e Interpol. É formador en cursos relativos á seguridade informática e a investigación tecnolóxica. A día de hoxe é garda civil e exerce como responsable do devandito equipo pontevedrés dende a súa creación en 2003.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?