A cooperativa Sacaúntos impulsou na Rede un proxecto para achegarnos á mellor literatura fantástica en galego. A Biblioteca Fantástica Dixital, unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022 (Secretaría Xeral de Política Lingüística), vén de incorporar importantes obras (catorce) de Robert E. Howard e máis de Jack London traducidas á nosa lingua. Estas contribucións supoñen un avance no proxecto de dixitalización global dos clásicos da literatura fantástica editados pola editorial compostelá Urco (Sacaúntos) iniciado durante a primeira edición do Fondo Xacobeo.
O proxecto inclúe a reedición completa; a creación de materiais complementarios orientados á docencia, que están integrados en cada volume, e a conversión en formato ePub. Os e-pubs póñense a disposición do público de forma gratuíta, sen restricións (DRM) e con licenza de uso libre (CC BY-SA) da cidadanía.
Títulos
De Robert E. Howard:
–Almuric
-Biblioteca Conan, volumes 1, 2, 3, 4, 5
-Relatos de terror sobrenatural
-Máis relatos de terror sobrenatural
-Solomon Kane
De Jack London:
-A praga escarlata
-Contos de ciencia ficción I
-Contos de ciencia ficción II
-O talón de ferro
Documentos relacionados –Conan 1. Formato EPUB. 879 KB
–Conan 2. Formato EPUB. 1 MB
–Conan 3. Formato EPUB. 848 KB
–Conan 4. Formato EPUB. 975 KB
–Conan 5. Formato EPUB. 676 KB
–Solomon Kane. Formato EPUB. 1022 KB
–Almuric. Formato EPUB. 529 KB
–Relatos de terror sobrenatural. Formato EPUB. 1004 KB
–Máis relatos de terror sobrenatural. Formato EPUB. 1 MB –A praga escarlata. Formato EPUB. 487 KB
–Contos de ciencia ficción I. Formato EPUB. 476 KB
–Contos de ciencia ficción II. Formato EPUB. 487 KB
–O talón de ferro. Formato EPUB. 638 KB
–Antes de Adán. Formato EPUB. 502 KB
A Biblioteca Fantástica Dixital enriquécese con obras de Robert E. Howard e Jack London
Compartir Este Artigo

