Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Retómase a formación práctica en contidos audiovisuais da Deputación de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Retómase a formación práctica en contidos audiovisuais da Deputación de Lugo

S. P.
Publicado: 08/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

servizo_audiovisuais_deputacion_de_lugo_novo_curso_cfa.jpgO equipo directivo e docente do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo deu a benvida ao alumnado de 1º e 2º curso dos ciclos superiores de Realización e Produción que realizarán os seus estudos neste ano académico 2022-2023, o primeiro sen restricións nas aulas tras a pandemia. Na recepción, este xoves 8 de setembro, púxose o foco nas novidades deste curso e en como coa volta á normalidade postCOVID retómanse as prácticas en escenarios reais, “unha das sinais de identidade da Escola”, xunto á matrícula gratuíta e o ensino innovador que promove a institución provincial, moi envorcada en formar ás creadoras e creadores de contidos dixitais do novo e puxante escenario audiovisual.
Os actos de presentación desta primeira xornada formativa incluíron visitas ás instalacións e desenvolvéronse ao longo de toda a mañá en dúas quendas. A primeira arrancou ás 9.30 horas co alumnado de novo ingreso de ambos ciclos, e a segunda quenda, que tivo lugar ás 12.30 horas, estivo dirixida aos alumnos que xa iniciaron os seus estudos o pasado curso.
Cubertas as prazas no ciclo de Realización
A Escola de Imaxe e Son da Deputación inicia o novo curso coa totalidade de prazas cubertas para o ciclo superior de Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. Un total de 20 novos mozos e mozas iniciaranse nesta especialidade tras formalizar a súa matrícula no centro da institución provincial.
O período de inscrición mantense aberto, ata principios do vindeiro mes de outubro, na rama de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos, con vacantes aínda dispoñibles. As persoas que estean interesadas poden acceder a toda a información sobre este ciclo na ligazón da web provincial ou ben chamando ao teléfono do centro 982.28.46.67.
Volven as prácticas
Unha das novidades do inicio deste curso académico no Centro de Formación Audiovisual da Deputación é a recuperación das prácticas en escenarios reais, que se viron paradas a causa da crise sanitaria. Isto, explicaron dende a Deputación, “permitirá aos estudantes poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos nas aulas en coberturas reais como retransmisións en directo, a organización de eventos ou incluso formando parte dun equipo de rodaxe ao lado dos mellores profesionais en grandes producións coas que colabora o organismo provincial, como por exemplo o último éxito nacional do director monfortino Dani de la Torre co film Live is Life”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?