Dúas ducias de escolares realizaron actividades de iniciación ao deseño e á impresión 3D, experimentos con electrónica interactiva, videoxogos ou Realidade Virtual a través do segundo Mini Maker Club, organizado polo Concello de Ourense para “achegar as novas tecnoloxías á rapazada”.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome asistiu este 6 de setembro á clausura e entrega de diplomas ás nenas e aos nenos que participaron no segundo Mini Maker Club, organizado polo Concello.
Durante dous días, 25 escolares de 8 a 11 anos realizaron actividades formativas relacionadas coas novas tecnoloxías, como iniciación ao deseño e á impresión 3D con fabricación aditiva, experimentos con electrónica interactiva, creación dos seus propios videoxogos por equipos e Realidade Virtual. A actividade desenvolveuse na Escola de Informática do Campus de Ourense.
Os Mini Maker Club forman parte do Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores, que desenvolve o Concello desde o Servizo de Formación Ocupacional, Desenvolvemento Local e Promoción Económica.
Este proxecto foi aprobado no marco do Programa Operativo Interreg V-A España Portugal (POCTEP), área de cooperación 1- Galicia-Norte de Portugal, e co-financiado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Clausurado en Ourense o segundo Mini Maker Club
Compartir Este Artigo

