Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Renovan a cátedra para promover as vocacións TIC entre as mulleres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Renovan a cátedra para promover as vocacións TIC entre as mulleres

Redacción
Publicado: 12/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aldaba1.jpgOs reitores das universidades da Coruña, Julio Abalde, e Vigo, Manuel Reigosa, e o responsable da empresa Aldaba, Enrique Fernández, asinaron este luns a renovación da Cátedra Aldaba Wib: Women, ICT & Business, unha iniciativa que comezou en outubro de 2019 e que, tras tres anos en funcionamento, renova o seu compromiso de dar visibilidade ás achegas das mulleres no eido das TIC de cara a xerar referentes para espertar o interese das nenas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas.
A sinatura do acordo tivo lugar no edificio Exeria e contou coa participación das coordinadoras da cátedra en ambas as dúas universidades, a profesora da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, Virginia Mato, e da Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo, Alma Gómez.
“Este é un exemplo dos excelentes froitos que dá a colaboración público-privada”, subliñou Reigosa tras a sinatura do acordo, unha idea na que tamén fixo fincapé Julio Abalde, quen insistiu en que esta é unha das poucas cátedras conxuntas entre ambas institucións “e un claro exemplo de que traballando xuntos somos máis fortes”. Os tres se manifestaron “moi satisfeitos” dos resultados acadados nestes tres anos, se ben a pandemia impediu a realización de moitas das actividades que estaba previsto levar a cabo nos institutos e que agora está previsto retomar. “Elaboramos diferentes vídeos e material divulgativo, así como un portal web con información estatística sobre a presenza das mulleres no ámbito académico das TIC”, explicou o responsable da empresa, Enrique Fernández, quen resaltou a importancia de traballar coas alumnas de ensino secundario, “pois xa desde segundo e terceiro curso da ESO teñen que elixir materias que determinarán o tipo de estudos que van levar a cabo, por iso é tan importante que conten con información axeitada sobre as carreiras TIC, os seus contidos e os perfís profesionais aos que dan acceso”.

Interuniversitaria FIC-UDC e ESEI-UVigo

aldaba2.jpgDe carácter interuniversitario, a cátedra conta con dous centros adscritos, por unha banda, a Facultade de Informática, no campus da Coruña e, pola outra, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, no campus de Ourense, de maneira que ambos centros colaboran na posta en marcha das diferentes actividades que se levan a cabo.
Ademais do fomento das titulacións TIC entre as alumnas de ensino secundario, as principais liñas estratéxicas inclúen tamén contribuír á formación de alto nivel dos futuros graduados e graduadas da FIC-UDC e a ESEI-UVigo, a través de actividades que acheguen ao alumnado as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas, así como facilitar a súa integración no mundo laboral, salientando as competencias, coñecementos e habilidades que demanda o tecido empresarial galego.
Entre os diferentes exemplos das actividades postas en marcha desde a cátedra pode mencionarse un vídeo realizado desde a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense no que a profesora Alma Gómez explica dun xeito ameno e directo, e dirixíndose de xeito especial ás rapazas, as oportunidades que ofrecen as carreiras de enxeñaría informática e as razóns para estudar esta titulación, desde razóns sociais, como o impacto na vida das persoas que ten a informática, ata razóns persoais, como a alta empregabilidade deste grao. Facendo fincapé en como na actualidade “só 1,5 rapazas escolle informática por cada 10 alumnos”, no vídeo advírtese como estas cifras evidencian que se está perdendo o talento das mulleres nun sector clave no presente e futuro da sociedade e se anima ás rapazas a considerar entre as súas opcións estudar enxeñaría informática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?