A mostra AI: More Than Human que podemos ver na sede de Afundación na cidade da Coruña non quere limitarse ao seu espazo expositivo, e amplía a súa vertente audiovisual (presente mediante pequenos cortes de vídeo que poden verse nas distintas salas da mostra) cun ciclo de cinema composto por 10 películas en versión orixinal subtitulada en español que buscan explorar distintas faces da nosa relación coas intelixencias artificiais, como a posibilidade de que as máquinas desenvolvan unha consciencia próxima á humana ou se as máquinas chegarán a ter unha carta de dereitos.
O ciclo cinematográfico enmárcase no programa Cultura por alimentos, de xeito que os espectadores que acudan a ver algún dos filmes, en vez de pagar polo billete deberán entregar alimentos non perecedoiros que se destinarán á Federación Española de Bancos de Alimentos.
As vindeiras películas que poderán verse no ciclo serán 2001: Unha Odisea do Espazo, Alien, o oitavo pasaxeiro, Blade Runner, Matrix, The Imitation Game, Metrópolis, Wall-E, Her, Ex Machina e, como peche, A.I. Intelixencia Artificial.
Afundación acolle un ciclo de filmes sobre a intelixencia artificial
Compartir Este Artigo
