De cara ao comezo de curso Movistar está a revolucionar as tarifas de fibra óptica no fogar con Movistar Conecta 1 Gb para estudantes, tarifa en promoción por tempo limitado que mantén as súas condicións durante 9 meses sen cota de alta nin permanencia, ou sexa, que claramente está destinada para satisfacer as necesidades dun curso académico.
Esta tarifa en promoción ofrece fibra simétrica de 1 Gbps, teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles, router Smart WiFi e instalación de balde por 29,90 euros/mes, o que semella unha oferta sen competencia (coas esas condicións) á que incluso poden acollerse dende fogares son cobertura de fibra óptica (aos que ofrecerán ADSL de ata 20 Mbps).
Movistar lanza unha agresiva promoción de fibra para estudantes
Compartir Este Artigo
