Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG abre as inscricións para o VII Scratch Day, previsto para o primeiro de outubro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG abre as inscricións para o VII Scratch Day, previsto para o primeiro de outubro

S. P.
Publicado: 15/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cartel_scrath_day_2022_valido.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), grazas ao convenio de colaboración que mantén coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), desenvolverá unha nova edición do programa de divulgación tecnolóxica (creativa e participativa) Scratch Day. Esta sétima convocatoria (enmarcada no Plan de Talento Dixital de Galicia, o Plan DigiTalent), oriéntase novamente a divulgar os valores da programación informática para espertar e fomentar as vocacións tecnolóxicas no ámbito da educación STEM (polas súas siglas en inglés, Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñeira e Matemáticas) desde idades temperás.
A xornada celebrarase o vindeiro 1 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia (Edificio do Museo, Andar -1) e estará destinada a rapazada de entre 6 e 16 anos e os seus pais ou nais, así como o profesorado ou responsables dos centros interesados en introducir o Scratch na docencia.
Estes dous grandes grupos participarán, de forma simultánea, en programas deseñados especificamente para coñecer a linguaxe de programación Scratch (creada polo MIT para iniciar dunha forma sinxela á rapazada neste ámbito dunha forma didáctica, práctica e interactiva.)
Ademais de facerse unha introdución á ferramenta Scratch a través de diferentes accións levadas a cabo de forma práctica (movemento, lanzamento e interacción de obxectos) e co desenvolvemento dun videoxogo, nesta edición farase tamén unha introdución ao Microbit (unha pequena tarxeta deseñada para aprender a programar de forma fácil e divertida) sendo a novidade desta VII edición do Scratch Day o uso das placas Microbit para música.
Para os alumnos, a xornada terminará cunha actividade práctica, en formato Scape Room, na que poderán poñer en practica os coñecementos adquiridos sobre o Scratch, Microbit e o Cubo Merge, así como recoñecer o potencial destas ferramentas para interactuar e expresar ideas de forma colaborativa.
Pola súa banda o profesorado, ademais de coñecer os mesmos aspectos que os alumnos e alumnas, aprenderá a deseñar unidades didácticas para contido curricular e como traballar de forma transversal con Scratch. De igual forma, verán exemplos de proxectos desenvoltos con Microbit como estacións meteorolóxicas e medidores de CO2; ideas que poderán aplicar nas aulas.
“Grazas a este obradoiro”, informou o CPETIG, “o profesorado poderá descubrir de primeira man as vantaxes e potencialidades que aporta traballar e ensinar a través deste tipo de tecnoloxía, ca que se incentivan a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas, entre outros valores”.
Un ano mais, os especialistas da firma robótica educativa Rockbotic Galicia serán os encargados de impartir esta xornada tecnolóxica.
Rexistro
O período de inscrición para o VII Scratch Day xa está aberto (ata o 29 de setembro) a través da web específica habilitada polo CPETIG. Nesta mesma ligazón poderase ampliar información sobre tódolos detalles do curso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?