Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O primeiro vehículo autónomo de Compostela entra na súa recta final
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O primeiro vehículo autónomo de Compostela entra na súa recta final

Redacción
Publicado: 15/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

1663240170photo_2022-09-15_12-30-44.jpgO primeiro vehículo autónomo de Santiago, desenvolto no marco do proxecto do Concello de Santiago SMARTIAGO, entra na súa fase final da man de Vodafone, compañía adxudicataria da iniciativa, que está a desenvolver un Living Lab de loxística de última milla, que contará con dous vehículos eléctricos autónomos para o seu desenvolvemento. O vehículo foi presentado esta mañá nun acto que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro do Turismo, Sindo Guinarte, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, e o director territorial para a zona Norte de Vodafone España, Francisco Vallejo.
Entre os obxectivos do proxecto, dotado dun investimento de 662.970,00 euros, atópanse o de mellorar o transporte de mercadorías no centro da cidade e o de reducir as emisións contaminantes. Así mesmo, a iniciativa contará cun Living Lab, un espazo vivo desenvolvido por Vodafone para asesorar a emprendedores e empresas no uso da plataforma e sobre a súa participación na mesma.

Vindeiros pasos

1663240277photo_2022-09-15_12-19-48__2_.jpgDurante os próximos meses comezará o proceso de cartografado dixital de distintas zonas do centro histórico de Santiago permitindo, non só a condución autónoma do vehículo, senón tamén facilitando aos participantes do Living Lab eses mapas para o seu uso noutros vehículos autónomos que pretendan circular pola cidade. Así mesmo, realizaranse diversas probas, como a repartición autónoma de mercadorías no interior do centro histórico ou o cartografado do subsolo, identificando infraestruturas da cidade co uso dun Georradar.
O vehículo, con capacidade de condución autónoma, está dotado con sensores LIDAR e cámara para recoñecer o que sucede ao seu ao redor. Ademais, dispón dun sistema de comunicacións que permite a súa monitorización e a comunicación con outras infraestruturas da cidade.
No desenvolvemento do proxecto contouse coa colaboración da Universidade de Deusto e da empresa biscaíña Phebus SL. As primeiras probas realizáronse en Barakaldo, Biscaia, onde o vehículo realizou con éxito un mapeado preliminar da zona circundante e realizou un percorrido de forma autónoma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?