Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ASCM lanza a primeira xincana turístico-dixital inclusiva do Camiño Inglés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ASCM lanza a primeira xincana turístico-dixital inclusiva do Camiño Inglés

S. P.
Publicado: 16/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A ASCM leva anos traballando pola accesibilidade do Camiño Inglés (foto de Enfoques.gal)
A ASCM leva anos traballando pola accesibilidade do Camiño Inglés (foto de Enfoques.gal)
Co obxectivo de achegar o Camiño Inglés a persoas con mobilidade reducida, así como de ofrecer novas experiencias turísticas aos visitantes, a Asociación Sociocultural ASCM (con sede en Ferrol) lanzou unha nova xincana turística que transcorre polos municipios de Narón e Neda. Esta iniciativa consiste en percorrer un treito do dito Camiño “dunha forma diferente, respectuosa e divertida”, sinalan dende a asociación engadindo que “mentres seguimos o percorrido marcado, coa axuda dun smartphone iremos recibindo información sobre os puntos que imos visitando”.
Esta información recolle datos históricos, etnográficos e curiosidades de cada punto visitado. Porén, explican dende a ASCM, o visitante non poderá avanzar ao obxectivo seguinte do itinerario ata que non resolva unha pregunta ou enigma relacionado co punto en cuestión. “Isto obrigaranos a fixarnos en detalles que nos adoitan pasar inadvertidos, a contemplar, gozar e aprender de cada lugar recolleito nesta ruta”, engaden.
O percorrido autoguiado discorre por un trazado adaptado ás persoas con discapacidade, ademais conta cun sistema de audioguía, co que “se converte na primeira xincana turística dixital inclusiva no noso país, podendo ser gozada por calquera tipo de público”.
A experiencia atópase dispoñible na plataforma Guiaventuras.com e non é necesario descargarse ningunha aplicación móbil. Esta actividade é completamente gratuíta para o usuario, que non ten que facer reservas, dar datos persoais, ou afacerse a un horario fixo “xa que está dispoñible as 24 horas ao día os 365 días do ano”, sinalan dende a ASCM, engadindo que tamén se pode acceder á xincana escaneando un código QR que se incluirá nos carteis correspondentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?