Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A inauguración da Mobile Week Ourense veu marcada pola candidatura da cidade como sede da AESIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A inauguración da Mobile Week Ourense veu marcada pola candidatura da cidade como sede da AESIA

S. P.
Publicado: 16/09/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

intervencion_de_manuel_baltar_na_inauguracion_da_mobile_week_ourense.jpgO Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu este xoves 15, pola mañá, o acto inaugural da Mobile Week Ourense. Participaron o presidente da Deputación, o reitor da UVigo Manuel Reigosa, o coordinador da MWO, Fernando Suárez, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. Baltar afirmou que esta segunda edición vén marcada polo reto que supón a candidatura como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).
O primeiro día do evento veu cunha intensa xornada de actividades que tamén abrangueu a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e os xardíns do Padre Feijóo, onde se desenvolveron iniciativas relacionadas coa promoción de marcas, os fondos europeos, o metaverso, a identificación coa administración pública, a dixitalización do rural, a gamificación con Realidade Aumentada ou a simulación de condución.
fernando_suarez_manuel_baltar_manuel_reigosa_e_gabriel_alen.jpg No mediodía, o salón de actos do Marcos Valcárcel foi o escenario da inauguración oficial da Mobile Week Ourense, que alcanza a súa segunda edición grazas á alianza entre a Deputación de Ourense e a Fundación Mobile World Capital Barcelona.
Manuel Baltar felicitou a Ourense “por ser a única provincia de España que celebra esta iniciativa en coordinación coa Fundación Mobile”, asegurando que se trata “dun feito innovador que marca tendencia e diferencia o noso territorio na era da tecnoloxía”.
Para Manuel Baltar a expresión clave desta proposta é visión de futuro, pero tamén a colaboración “xa que cooperando somos máis e mellores”, agradecendo deste xeito a confianza dos patróns da fundación para celebrar este evento durante tres anos consecutivos en Ourense, así como a implicación dos patrocinadores e colaboradores. Un labor conxunto, dixo, que se traduce “nunha axenda intensísima na que os maiores e os novos van ter a oportunidade de participar nese obxectivo xeral que é achegar a tecnoloxía á veciñanza da man dos expertos”.
Esta segunda edición da Mobile, afirmou, vén marcada pola capacidade de conexión de Ourense coa capital de España grazas á alta velocidade, que cualificou como “un factor diferencial competitivo”. Todo un reto que ten a súa continuación na candidatura como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), “que ten na provincia o lugar ideal por esa capacidade de conexión, pola celebración de eventos como este, pola alianza coa Fundación Mobile ou por acoller o Parque Tecnolóxico de Galicia”.
o_presidente_da_deputacion_conversa_con_jaime_garcia_cantero.jpg Entre as charlas programadas nesta primeira xornada, pola mañá destacou a conferencia Unicornios, cisnes negros e rinocerontes grises. Tecnoloxía e innovación para facer un mundo mellor, impartida polo experto Jaime García Cantero no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Cantero, xornalista especializado en tecnoloxía, tamén moderou a mesa redonda Acercando a tecnoloxía ao cidadán, na que estiveron presentes a directora de CPI de Idom, Sandra Sinde; o director rexional norte de Viaqua, Marcos Martín; o director xeral de Innovación Tecnolóxica de Abanca, José Valiño; e o coordinador da Mobile Week Ourense e director da área de Transparencia da Deputación, Fernando Suárez.
Ademais, a sede da CEO acolleu o lanzamento dun proxecto elaborado pola confederación conxuntamente coa Deputación e o INORDE para a promoción de marcas ourensás no Marketplace B2B europeo Ankorstore. A xornada foi inaugurada pola xerente do INORDE, Emma González, e a presidenta da CEO, Marisol Novoa, que nas súas intervencións de benvida resaltaron a importancia dun proxecto que busca impulsar a dixitalización das empresas ourensás para a súa internacionalización. Os posteriores relatorios foron protagonizados polas expertas Gloria Gea, Cristina Martínez e Nina Veiras.
Para completar a xornada, a sede da CEO acolleu as charlas Como obter fondos europeos paso a paso, de Miguel Ángel Domínguez, e O Metaverso chegou para quedar, impartida por Manuel Sánchez Monasterio. E no Marcos Valcárcel, Jose M. Enríquez Trigás abordou os Mecanismos de identificación coa administración pública.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?