Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A serie Dalia a modista, dispoñible na sección Á Carta da TVG e en formato libro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A serie Dalia a modista, dispoñible na sección Á Carta da TVG e en formato libro

S. P.
Publicado: 16/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

presentacion_dalia_a_modista_ghaleb_jaber_valentin_garcia_xaime_arias_e_noe_martinez_.jpgEste 16 de setembro presentouse na Cidade da Cultura o novo proxecto da produtora CTV: a transformación en proxecto transmedia da serie Dalia a modista, que podemos ver na TVG, a través da sección Á Carta, Galicia en Series. En concreto, deuse a coñecer a súa transformación en novela, un chimpo da televisión ao mundo editorial que foi posible grazas á adaptación da escritora ourensá Noe Martínez.
O libro, que xa está á venda nas librarías da nosa terra, en galego, foi dado a coñecer polo produtor executivo de CTV e guionista de Dalia, a modista, Ghaleb Jaber Martínez; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez; o director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias; e a autora da novela e tamén guionista da serie de televisión, Noe Martínez. Tamén asistiu ao acto parte do elenco da serie, como a actriz protagonista María Mera, e o actor Manuel San Martín.
presentacion_dalia_a_modista_arias_mera_noe_martinez_manuel_san_martin_valentin_garcia_e_ghaleb_jaber_.jpgGhaleb Jaber Martínez agradeceu o apoio da Xunta de Galicia, CRTVG e o traballo de todo o equipo de CTV. Ademais, matizou que se trata dun proxecto editorial de grande innovación no que se transformou unha serie de televisión en novela, grazas ao esforzo de adaptación do guión en literatura realizado por Noe Martínez, polo que animou aos lectores a “redescubrir e descubrir algo novo desta historia”. Jaber Martínez lembrou que coa serie Dalia, a modista CTV arrancou unha nova etapa, conseguindo que unha produción en galego se vise en América Latina, Estados Unidos e Europa, ofrecendo así ao audiovisual en galego a posibilidade de viaxar.
Noe Martínez explicou que o proceso creativo e de adaptación do guión á novela significou unha viaxe á inversa, “do universo creado e sentido en imaxes ao mundo das palabras, sempre rico e único, co que hai que transmitir emocións xa contadas, coma se fosen novas”.
imaxe_promo_dalia_low.jpg Pola súa parte, Xaime Arias amosou a satisfacción que supuxo para a CRTVG participar neste libro porque implicou explorar e innovar. “Os paradigmas cambiaron na comunicación de ficción, nas plataformas, na televisión lineal e á carta. Levamos varios anos buscando o camiño que nos leve ao cidadán, ao público, e por iso estamos neste proxecto innovador de CTV, unha empresa arriscada e innovadora”.
Pola súa banda, Valentín García sinalou a importancia de que a literatura galega se incorpore a unha das tendencias emerxentes nestes momentos, como son as novelas e os relatos literarios xurdidos a partir das series televisivas de éxito.
A novela acompáñase na súa promoción online dun vídeo promocional que xa podemos reproducir.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?