O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitaron este 16 de setembro o IES Breamo, en Pontedeume. Segundo lembraron, trátase dun dos 220 centros que van desenvolver este ano un Polo Creativo, unha iniciativa para impulsar a dixitalización do ensino, que conta cun orzamento de 8M€.
Román Rodríguez recordou que os Polos Creativos son espazos de innovación nos que se traballan as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño. Amais, fomentan a creatividade a través da superación de retos, a consecución de proxectos, a realización de prototipos e a construción de resultados tanxibles. A dotación destes polos está conformada por máis de 22.000 elementos de material especializado como kits de robótica, equipamento audiovisual, tabletas e taboleiros interactivos, elementos de corte por control numérico, escaneado e impresión 3D, entre outros.
Na
visita, o conselleiro Román Rodríguez destacou a “enorme
acollida” deste programa que se estrea este curso con 138 centros e
que chegará neste trimestre a 220 en toda Galicia.

