Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia segue a avanzar na súa dixitalización tras a pandemia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia segue a avanzar na súa dixitalización tras a pandemia

Redacción
Publicado: 16/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sdie22.jpgDurante o ano 2021 a sociedade e as empresas galegas experimentaron un importante avance na súa dixitalización, segundo despréndese do informe sobre a Sociedade Dixital en España 2022, que fixo público estes días a Fundación Telefónica.
A porcentaxe da poboación galega que usou algunha vez a Internet medrou 3,6 puntos, ata situarse no 92,4%, e a porcentaxe da poboación galega que se conecta á Internet varias veces ao día acadou o 85,4%, cifra que se eleva ao 96,6% cando se trata de cuantificar os residentes en Galicia que se conectan a Internet polo menos unha vez á semana, o que practicamente iguala á media da UE (98 %).
O maior uso que se lle dá á rede entre os galegos é para a mensaxería instantánea (o 85,1% da poboación utilízaa), aínda que en 2021 rexistrouse un crecemento significativo noutras utilidades, como a de concertar citas médicas (crece 10 puntos, ata o 51%), vender bens ou servizos por Internet (aumenta 7,5 puntos, ata o 17,9%) ou o correo electrónico (crece 7 puntos, ata acadar o 74,8 %). O uso da internet dispárase, ademais, cando se trata dos máis novos, chegando ao 44,8% a porcentaxe de menores entre 6 e 15 anos que realizou actividades escolares ou asistido a clase por vía telemática.
Outro incremento importante entre a poboación prodúcese no consumo vía Internet. A porcentaxe de persoas en Galicia que compraron algunha vez pola Internet creceu 10 puntos, ata o 68 %. Destas, o 73,4% adquiriron roupa, zapatos e accesorios, o que supón un crecemento de 15 puntos sobre 2020 e demostra que se mantén unha importante inercia postpandemia no crecemento do uso da internet en xeral, e no do comercio electrónico en particular. O segundo grupo de compra son os pedidos de comida a restaurantes, cun incremento de 15 puntos, ata acadar o 35,7% da poboación galega, e tamén se incrementaron as descargas e as subscricións a música en streaming, das que fai uso o 23,5% da poboación.
Tamén aumenta de forma considerable a relación dos cidadáns coas administracións vía telemática. A porcentaxe de persoas que tiveron algún tipo de interacción coas administracións a través de Internet creceu un 6,6%, ata o 64,5%. O motivo máis común é a procura de información nas páxinas web das administracións (medra 7,5 puntos ata o 53,5%).

Promoción das empresas a través da Internet

Respecto ás microempresas galegas (as de menos de 10 empregados), o aspecto máis destacado do informe é o aumento en 7,4 puntos (ata acadar o 40,2%) das que utilizan as redes sociais para a súa promoción, o cal supera a media nacional española, do 36,3 %. Pola súa banda, as empresas de maior tamaño reduciron a súa aposta polas páxinas web (descende 3,8 puntos as que contan con ela, ata o 77%) e en cambio aumentan a aposta polas redes sociais, utilizadas polo 86% delas.
O informe reflicte tamén que en 2021 o 45,3% das empresas galegas permitía a modalidade de teletraballo entre os seus empregados, e máis da metade deste grupo comezara a aplicalo tras a COVID-19. O 36,7% das empresas galegas recoñeceu que a porcentaxe dos seus empregados en teletraballo crecera como consecuencia da pandemia.
Por último, e en relación ao despregamento de infraestruturas de comunicación, no conxunto de España o informe sinala que a tecnoloxía 5G xerará investimentos por valor de máis de 5.000 millóns de euros e a creación de máis de 300.000 empregos, segundo a estratexia España Dixital 2025. Ademais, perfílase como unha ferramenta clave para a sustentabilidade ambiental.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?