Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña achéganos na Rede unha oportunidade para mergullarnos no Reino Medieval de Galiza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña achéganos na Rede unha oportunidade para mergullarnos no Reino Medieval de Galiza

S. P.
Publicado: 19/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apertura_congreso_reino_galiza_deputacion_da_coruna.jpgEste luns 19 de setembro comezou finalmente o Congreso sobre o Reino Medieval de Galiza, impulsado pola área de Cultura da Deputación da Coruña e cun formato de catro xornadas. No seu transcurso afondará na historia medieval de Galiza desde diversas perspectivas, podendo seguirse de xeito telemático a través da páxina web do Congreso. No acto de apertura participaron a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, o curador científico do Congreso, Anselmo López Carreira, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto.
Xurxo Couto asegurou durante a súa intervención que “hoxe é un día transcendental na nosa historia, porque este congreso é o primeiro que se celebra sobre a nosa época medieval, esa realidade que a pesar do seu esplendor e das evidencias históricas de todo tipo, foi sistematicamente relegada e negada pola historiografía oficial e directamente ocultada nos materiais educativos e divulgativos”. Neste sentido, deputado afirmou que “chegou o momento de poñer fin á ocultación do Reino de Galiza”-
Pola súa banda, Anselmo López Carreira comezou a súa intervención facendo referencia a que “hoxe cúmprense 911 anos e 2 días da coroación de Alfonso VII, aínda infante, por parte do bispo Xelmírez e da que temos cumprida información na Historia Compostelá, e con este aniversario quixemos facer coincidir este Congreso”. Comezou o seu relatorio inaugural amosando a descrición da cerimonia na que se dá conta da imposición da espada, do cetro e da diadema de ouro ao novo rei na Catedral de Santiago, a posterior misa solemne e o convite rexio co que remata; para pasar a facer un percorrido sobre os reis e avatares que o sucederon durante todo o período medieval. Mentres, Concha Losada, ademais de agradecer a escolla do Museo do Pobo Galego como sede do simposio, vinculou a temática que se aborda cunha nova liña de traballo que está a desenvolver a institución museística e que consiste na posta en marcha de novas salas de exposición dedicadas especificamente á historia de Galiza.
Tras a xornada inaugural, o primeiro dos relatorios versou sobre Historiografía catalana versus historiografía española: un exemplo historiográfico alternativo, a cargo de Jaume Sobrequés da Universidade Autónoma de Barcelona; seguido das intervencións de Simon Doubleday da Universidade Hofstra de Nova York sobre Historia de dúas fronteiras. Algunhas reflexións sobre as relacións con Al-Ándalus durante o reinado de Fernando I e Sancha de Galicia-León; e de Pablo Díaz Martínez da Universidade de Salamanca sobre Fontes e historigrafía do reino suevo. Unha relectura. Cada relatorio vai seguido dun coloquio moderado pola xornalista Charo Lopes.
Todas as sesións están a ser retransmitidas ao vivo desde a páxina web do evento, que centra nunha pantalla única as diferentes relatorías, as proxeccións e a interpretación para as persoas xordas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?