Esta semana (entre este luns 19 e o martes 20 de setembro) a sede de ASPABER (Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños) acolle diversas actividades de traballo para fomentar o intercambio de coñecemento arredor das tecnoloxías abertas, seguras, fiables e accesibles e, tamén, arredor de todos aqueles aspectos e recursos dixitais que máis poden axudar na plena inclusión e na calidade de vida de persoas con diversidade funcional ou coginitiva. En concreto trátase dunha estadía de dúas xornadas do equipo directivo e parte do claustro do St. Ita”s School, Drogheda de Drogheda (Irlanda).
Este encontro servirá para intercambiar experiencias cos/as profesionais dos diferentes centros e unidades de ASPABER, para facer unha posta en común da formación en competencias tecnolóxicas e dixitais.
“Entre estas actividades abordaremos os perigos, o mal uso e abuso das mesmas así como unha procura de tecnoloxía individualizada dirixida ás persoas con capacidades diferentes que atendemos”, sinalan dende a entidade social de Bergantiños, engadindo que a finalidade última deste encontro será “a elaboración e a creación dun banco de materiais didácticos que poidamos compartir e levar a cabo nas nosas aulas”.
Expertos en inclusión e tecnoloxías de Irlanda visitan estes días a sede de ASPABER
Compartir Este Artigo

