Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O BNG estrea canle de comunicación en formato podcast, Radio Frontón
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O BNG estrea canle de comunicación en formato podcast, Radio Frontón

S. P.
Publicado: 19/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

radio_fronton_bng.jpgO BNG estreou este mes de setembro unha nova canle de comunicación, Radio Frontón, un podcast que fará divulgación a través das súas redes sociais nun formato que, en palabras da agrupación nacionalista, “ten cada vez máis seguidoras e seguidores”. O obxectivo, engaden, “é contribuír ao debate sobre cuestións de actualidade ou temas que preocupan á cidadanía e que non sempre son capaces de abrirse espazo na esfera pública”. Radio Frontón arranca poñendo o foco na cuestión da gordofobia.
Tomando como punto de partida unha recente reflexión da eurodeputada Ana Miranda no seu muro de Facebook, este primeiro podcast repasa este asunto con persoas expertas na materia, procedentes das áreas da psicoloxía ou da sanidade pública, entre elas a deputada e médica, Iría Carreira. Carreira explica que “a obesidade está cualificada como unha patoloxía desde fai moito tempo, enfermidade que ademais é un factor de risco para padecer outras, pero non pode ser amparo para actitudes discriminatorias e que mesmo poden xerar outro tipo de problemas de saúde nas persoas que as sofren”, alega.
A orixe desta primeira entrega do podcast está como dixemos nunha reflexión de Miranda nas redes sociais: “Abres o Facebook e xa che lembra que debías adelgazar, facer exercicio e dietas milagrosas, botar cremas. Aquí vai a resposta a tanta gordofobia inherente, persistente, maleducada. Farta de gordofia nas redes, nos ollares e no subliminar”.
A deputada do BNG no Parlamento Europeo, explica no podcast o porqué dese comentario. “Como moitas outras persoas teño tendencia a engordar e levaba varios días mosqueada porque cada vez que abría o teléfono aparecíanme anuncios de cremas adelgazantes e redutoras, ximnasios milagreiros e non sei cantas cousas máis. E ese día cabreeime e decidín poñer o comentario”, explica.
Radio Frontón, que pode escoitarse xa nas redes sociais do Bloque, emitirase con periodicidade regular abordando temas de actualizade cos que contribuír a poñer o foco en cuestións de gran afectación social, aportando voces e argumentos ao debate de temas que interesan á cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?