Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno apoiará a dixitalización de nove concellos galegos ao abeiro de RuralTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno apoiará a dixitalización de nove concellos galegos ao abeiro de RuralTIC

S. P.
Publicado: 19/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ineco_ruraltic.jpgO Goberno central, a través do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, vai apoiar a dixitalización de nove concellos galegos de menos de 10.000 habitantes, ao abeiro do programa RuralTIC e da man da empresa estatal INECO (dependente do dito ministerio). Máis polo miúdo, achegaranse recursos de transformación aos concellos de Porto do Son, Cerdido e Vimianzo (A Coruña), Carballeda de Avia, Cortegada, A Gudiña, Parada de Sil e Pobra de Trives (Ourense) e Trabada (Lugo). A través deste proxecto emprestarase asesoramento dixital nos 55 municipios rurais inscritos no programa RuralTIC, que xuntan 700 núcleos de poboación en toda España.
Con este programa que o Ministerio cualifica de “pioneiro”, INECO quere artellar “unha panca de dinamización e crecemento da España rural, converténdose nunha ferramenta de apoio ás políticas impulsadas para fixar poboación nos pequenos núcleos urbanos do noso país”.
A fórmula deseñada pola compañía permitirá aos profesionais que formen parte do programa desprazarse temporalmente a este pequenas poboacións para compaxinar o teletraballo coa realización de talleres formativos en dixitalización social e económica, formando no uso das novas tecnoloxías á poboación de máis idade ou asesorando ás pemes locais para potenciar o seu posicionamento dixital, mellorando ou creando web, implementando a súa presenza en redes sociais ou deseñando apps que optimicen a actividade, entre outras iniciativas. “Trátase”, sinala o Ministerio, “dun modelo colaborativo que ten como obxectivo contribuír á dixitalización social e económica da sociedade que vive en contornas rurais, rompendo as barreiras que lles afastan das novas tecnoloxías”.
Ineco conta cun amplo coñecemento no ámbito da dixitalización. Mostra diso é que o seu número de profesionais multiplicouse por catorce ao longo da última década e está conformado por máis de 700 perfís de alto coñecemento en aplicación das tecnoloxías dixitais e a Intelixencia Artificial, situándose a compañía como un dos dous principais subministradores de “servizos informáticos” da Administración Xeral do Estado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?