Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Pont-Up Store quece motores cun avance centrado na dixitalización e o neuromarketing
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Pont-Up Store quece motores cun avance centrado na dixitalización e o neuromarketing

S. P.
Publicado: 19/09/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

pont_up_store_2022.jpgEste martes 20 arranca o programa de actividades previas ao Encontro de Emprendemento Pont-Up Store, que nesta novena edición vaise centrar en mellorar a competitividade dos proxectos empresariais nacidos na pandemia. Tres destas actividades están organizadas en colaboración coas Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa que permitirán seguimento en liña e que se desenvolverán tamén de xeito presencial ata completar aforo no salón de actos da sede da Cámara de Pontevedra.
A primeira celebrarase este martes e trátase dunha formación centrada na Viabilidade económica e o financiamento da pequena empresa e que partirá da análise de balances como ferramenta clave que vai permitir ás persoas emprendedoras tomar decisións económicas e financeiras, a través da información contable, co fin de reducir a incerteza do medio ambiente empresarial. A formación celebrarase entre as 10:30 e as 12:30 horas e será impartida por Oscar Rey, membro do Consello Xeral de Economistas e Asesores Laborais.
A xornada do mércores centrarase en dar a coñecer as axudas e subvencións para persoas autónomas e pemes galegas en ámbitos de dixitalización, internacionalización, aforro e eficiencia enerxética e enerxías renovables; comercio; emprendemento; creación/contratación de emprego; igualdade, RSE e conciliación; e I+D+i. A través da xornada preténdese dar a coñecer as axudas que a modo de subvencións, préstamos, deducións e bonificacións… reparten as distintas administracións públicas nestes ámbitos tanto a nivel estatal, como autonómico, provincial ou municipal, como impulso á actividade económica das persoas autónomas e as empresas. A sesión A formación celebrarase entre as 10:30 e as 12:30 horas e estará guiada por Ana Vázquez, directora e fundadora da empresa Prox e especialista na dirección e xestión de proxectos.
O xoves será a quenda das ferramentas de comunicación a empresa. Baixo o título A túa web non se vende soa: creatividade e storytelling desenvolverase unha xornada formativa entre as 10:30 e as 13:00 horas para dar a coñecer aos participantes a Oficina AceleraPEME informar sobre as convocatorias e recursos do programa Kit Dixital. O obxectivo é analizar os erros comúns que levan aos clientes a malgastar o diñeiro das subvencións ou do seu orzamento de mercadotecnia por contratar sen saber o que queren, necesitan ou é adecuado para o seu negocio. A formación virá da man de Pilar Iglesias, coordinadora da Oficina AceleraPEME da Cámara de Comercio de Pontevedra e especialista en desenvolvemento de programas de Innovación e dixitalización empresarial; e Damián García, axente dixitalizador do programa Kit dixital, e xerente da empresa Emotive Neuromarketing Technologies, desde onde promove estratexias para conectar co público a través das emocións e tamén dunha boa análise de datos.
Afondando nos desafíos da comunicación online das empresas, o xoves pola tarde, de 17:00 a 18:00 horas, aínda está previsto un obradoiro telemático a través de Zoom organizado pola Deputación de Pontevedra para Crear un plan de márketing dixital paso a paso. A sesión insistirá na importancia de contar cunha estratexia corporativa de mercadotecnia en liña como ferramenta esencial para que unha empresa teña éxito na contorna dixital e guiará ás persoas asistentes na creación do seu propio plan paso a paso partindo dun nivel básico, polo que non será preciso ter coñecementos previos. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e a mercadotecnia online.
E por último, tamén se inclúe dentro deste bloque de actividades do Espazo de Desenvolvemento de Competencias, un obradoiro organizado en colaboración coa Comunidade WordPress Pontevedra, e enmarcada dentro do WordCamp Galicia (23-25 de setembro), que baixo o título WordPress en Acción: obradoiro de iniciación e Do-action, desenvolverá unha sesión formativa teórico-práctica para iniciarse no mundo do WordPress e descubrir o fácil e rápido que é crear unha web con esta ferramenta. Será o venres de 9:30 a 18:30 horas na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, no Campus da Xunqueira.
Pont-Up Store
O Pont-Up Store é unha iniciativa da UVigo e o Grupo G4 Plus, liderada polo Campus CREA de Pontevedra, e conta co apoio da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, e tamén co respaldo da Deputación de Pontevedra, Abanca, Zona Franca e R, entre as máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra na “capital galega das mellores iniciativas empresariais”. Nas labores de organización e coordinación, o encontro conta tamén coa participación da Asociación para o Emprendemento e Innovación Pont-Up Store, que ten como obxectivo aproveitar a experiencia e os valores promovidos polo encontro ao longo destas oito edicións, garantir a continuidade da celebración anual do evento e apoiar tanto aos novos emprendementos como a toda a comunidade de participantes, que representa a preto de 300 iniciativas procedentes de toda Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?