Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra celebra o Día Mundial do Turismo cunha nova edición de TurisTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra celebra o Día Mundial do Turismo cunha nova edición de TurisTIC

S. P.
Publicado: 20/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

turistic_presentacion_deputacion_pontevedra_turismo3.jpgA Deputación de Pontevedra celebrará este 27 de setembro o Día Mundial do Turismo cunha nova edición de TurisTIC, foro de transformación do sector que contará coa presenza do secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, ademais de once personalidades do mundo da enogastronomía, o turismo natural e cultural, as novas tecnoloxías aplicadas ás experiencias turísticas ou os aloxamentos. Celebrarase en Vigo, cidade elixida polo Goberno central para conmemorar a data internacional, segundo salientou a presidenta Carmela Silva nunha comparecencia xunto ao alcalde Abel Caballero.
Silva destacou “a calidade” do programa de TurisTIC e anotou que “alí falarase de propostas e do turismo do presente e do futuro”. Carmela Silva indicou que o foro diríxese especialmente ao sector, ás administracións públicas e a medios especializados en turismo, se ben tamén está aberto a toda a cidadanía. O evento será retransmitido en streaming nas canles da Deputación de Pontevedra e as persoas interesadas en asistir presencialmente poden inscribirse na web de SmartPEME.
Este quinto TurisTIC leva por título Do KM cero ao metaverso e o programa desenvólvese a través de dúas mesas redondas e un relatorio, todos eles con destacados relatores. A primeira mesa versará sobre A realidade do novo turista. Estará moderada por Lorena Varela, xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, e participarán Erich Eichstetter, responsable de transformación dixital do Basque Culinary Center; Rafa Centeno, chef do restaurante Maruja Limón, con unha estrela Michelin; Mar Rodríguez, xerente da axencia especializada en turismo natural, activo e cultural Tee Travel; e Mónica Crisóstomo, directora executiva (CEO) de Ideas Peregrinas, albergue de Tui e tenda de produtos en torno ao Camiño Portugués.
O relatorio posterior leva por título O turismo de proximidade: posicionarse nun mercado en plena revolución e será impartido por Sara Sánchez Remacha, CEO de Rusticae, club e portal de reservas de hoteis e apartamentos con encanto e casas de turismo rural consolidado como unha marca de prestixio neste eido.
A segunda mesa redonda abordará o Metaverso, o futuro máis próximo do turismo, e estará moderada por Beatriz Heras, responsable de transformación dixital de ITH (Instituto Tecnológico Hotelero). Participarán nesta mesa Xoel Vázquez, co-fundador e director executivo de Xoia Software, empresa que crea experiencias inmersivas a través de Realidade Aumentada; Laura Rodríguez, responsable de vendas de HotelVerse, empresa que cambia o paradigma de reservas hoteleiras cun sistema que permite ao usuario explorar de forma inmersiva os establecementos; Lorena Rosende, CEO e co-fundadora de Merasys, especializada en solucións baseadas na Intelixencia Artificial; e Vicky Vasán, co-fundadora de Inmersiva XR, un ecosistema para persoas interesadas na Realidade Estendida.
Ao rematar a xornada celebrarase un xantar networking e as persoas participantes farán un percorrido pola ruta de arte urbano de Vigo. “Non podemos rematar sen unha visita pola cidade para coñecer as medianeiras. É a cidade máis importante de Europa en número e calidade de medianeiras porque aquí pintaron os e as mellores representantes do muralismo do mundo”, concluíu Carmela Silva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?